Castillo Moncada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Castillo Moncada foi un barco español afundido nas Illas Farallóns o 11 de marzo de 1945.

Descrición do barco[editar | editar a fonte]

O barco con matrícula de Cádiz, tiña casco de aceiro e ferro de 77,72 metros de eslora, 11,67 de manga e 5,18 de puntal.

Sinistro[editar | editar a fonte]

No momento do seu naufraxio contaba cunha tripulación de 32 homes. Saíra de Avilés rumbo Barcelona e transportaba carbón e ferro. O 11 de marzo de 1945, debido á néboa, vense obrigados a alterar o rumbo. Porén, ás dez e cuarto da noite embican contra o illote A Baixa das Illas Farallóns de San Cibrao. Tras o frustado intento de remolque do vapor Cabo Toriñana, o Castillo Moncada consegue saír da varada dando máquina atrás, aínda que coa arrancada embica contra outro farallón. Nese momento abriu unha vía de auga e afundiu.

Toda a súa tripulación puido ser rescatada e o 13 de abril dese mesmo ano o barco foi reflotado.[Cómpre referencia] O Castillo Moncada volveu navegar até que en 1951 foi dado de baixa por mor dos danos sufridos neste naufraxio.[Cómpre referencia]