Saltar ao contido

Carebeka VIII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carebeka VIII
 Instancia de
Datas
 Entrada en servizo
1976 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 País de rexistro
Cifras e dimensións
 Anchura
   13 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   81 m Editar o valor en Wikidata
 Tonelaxe bruto
   1.598 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Carebeka VIII foi un cargueiro holandés afundido o 23 de decembro de 1982 a unha milla do porto de San Cibrao, ao embicar nas Illas Farallóns.[1] Construído en 1976, medía 81 metros de eslora, 14 de manga e rexistraba 3000 TRB.

Saíra da Coruña o 20 de decembro de 1982 rumbo San Cibrao, onde ía cargar 3000 toneladas de aluminio. Ao aproximarse a este porto, os prácticos infórmano que para entrar teñen que agardar a saída do Xove, cuxos tripulantes foron os primeiros en advertir o perigo, xa que vían como o Carebeka VIII manobraba directamente cara ás illas Farallóns.

Ás 4 da mañá encalla nestas illas e unha hora despois partía pola metade. Dez dos seus tripulantes puideron ser rescatados polo helicóptero do SAR. O capitán non puido ser rescatado ante a súa negativa de abandonar o barco. Tras varios días sen abandonar a súa posición, desapareceu o seu corpo.

As causas deste estraño sinistro non foron nunca esclarecidas, xa que o capitán do Carebeka VIII coñecía ben a zona.