Ardia, O Grove, O Grove
Ardia | |
---|---|
Parroquia | O Grove |
Concello | O Grove |
Coordenadas | 42°28′39″N 8°51′41″O / 42.47746111, -8.86128333 |
Poboación | 253 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ardia é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 253 habitantes (137 mulleres e 116 homes), dez menos ca en 2015 e 25 menos ca en 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]O lugar aparece nomeado nunha doazón que o rei Ordoño II fai da vilam Ardenam (hoxe Ardia) ó bispo Sisnando II, no ano 911[1]. Pola súa banda, Filgueira Valverde constata que o topónimo lle dá nome a un xograr medieval, Pero de Ardia[2].
O lugar aparece citado na viaxe a Galicia que realizou Sarmiento o 19 de xullo de 1745: "Del Grove pasé a su aldea Graña. De Graña a Ardea".[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Grove
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do Grove
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dopico, Xoán (2006). "Arousa: a illa dá o nome á ría" (PDF). Dorna (5): 9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, tomo 3, s. v. Ardia.
- ↑ Sarmiento, Martín (1975). J. L. Pensado, ed. Viaje a Galicia (1745). Museo de Pontevedra - Universidad de Salamanca.