Cantodorxo, O Grove, O Grove
| Cantodorxo | |
|---|---|
Cruceiro de Francisco Pazos (2017) | |
| Parroquia | O Grove |
| Concello | O Grove |
| Coordenadas | 42°30′01″N 8°52′19″O / 42.50027778, -8.87194444 |
| Poboación | 182 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cantodorxo é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 182 habitantes no ano 2024 segundo datos do INE, dos cales 89 eran mulleres e 93 homes, o que representa un aumento en relación ó ano 2015, cando tiña 173 veciños, e un descenso con respecto ó ano 2005, cando eran 195.
En 2017, o Concello e maila Deputación levantaron un cruceiro nun con que se interna no mar cara ao norte, obra do escultor Francisco Pazos. Con este cruceiro sinálase o comezo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, un dos Camiños de Santiago.
Castro de Cantodorxo
[editar | editar a fonte]En Cantodorxo descubríronse os restos dun pequeno castro, duns 300 m2, datado nos séculos IV a II a. C., no que se atoparon restos de cerámica, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. Álvarez Limeses foi quen deu a primeira noticia do castro, en 1928, que hoxe está moi alterado tanto pola propia acción do mar como pola acción humana, especialmente trala construción dunha fábrica de conservas sobre a parte sur do espazo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Grove
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
|---|---|
|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do Grove
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
|---|---|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- J. M. Rey, M.C. Ferré, Carlos Fernández Rodríguez, Carlos Rodríguez López. "Sondeos en el conchero del castro de Punta de Cantodorxo (O Grove, Pontevedra): análisis zooarqueologico", en Gallaecia nº 17, 1988 [1].