Arquidiocese católica latina de Lviv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquidiocese de Lviv
Archidioecesis Leopolitanus Latinorum
Datos xerais
Erixida1361 (diocese de Halych)
1375 (elevada a arquidiocese)
1414 (sé transferida a Lviv)
LocalizaciónUcraína
SufragáneasKamyanets-Podilskyi
Kharkiv-Zaporizhia
Kyiv-Zhytomyr
Lutsk
Mukacheve
Odesa-Simferopol
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

154.000 (3,1%)
5 000 000
Área68.000 km2
Información
Igrexa particularIgrexa latina
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoMieczysław Mokrzycki (dende 2008)
Outros datos
Lviv diocese location.png

Localización da arquidiocese na Ucraína
Procesión católica latina en Lviv.

A arquidiocese de Lviv dos latinos (en latín Archidioecesis Leopolitana Latinorum) é unha sé metropolitana católica latina. En 2004 tiña 154.000 bautizados dun total de 5 000 000 habitantes. O seu arcebispo, dende 2008, é Mieczysław Mokrzycki.

Historia[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 1361 - Erixida a Diocese de Halych/Halicz (Haliciensis), con sé en Halych.[1][2]
  • 1375 - Elevada a Arquidiocese Metropolitana de Halych/Halicz (Haliciensis)
  • 1414 - Sé transferida, Arquidiocese Metropolitana de Lviv (Leopolitanus Latinorum)

A metrópole de Halych[editar | editar a fonte]

Non antes do 1361 fora erixida a diocese de Halych ou Halicz. O 8 de abril de 1363 o papa Urbano V escribiu ao bispo de Gniezno para insistirlle en que o rei Casimiro III de Polonia debería construír unha catedral na cidade de Lviv, que tiña sido tomada recentemente ao Imperio Ruso, cuxa Igrexa estaba en cisma.

Porén, cartas de Gregorio XI con data do 13 de febreiro de 1375 mencionan aínda á arquidiocese metropolitana de Halich, que tiña como sufragáneas ás dioceses de Przemyśl, Włodzimierz, Chełm, Kamyanets, Lviv e Kiev, e que xunto a elas constituía a metrópole de Halych.

Traslado da sé a Lviv[editar | editar a fonte]

Non foi até o 28 de agosto de 1412 (outras fontes dan decembro de 1414), coa bula «In eminenti specula» do antipapa Xoán XXIII, que a sé arquiepiscopal de Halyč foi trasladada a Lviv, unindo as dúas dioceses baixo o nome da segunda.[3]

Século XX[editar | editar a fonte]

O 28 de outubro de 1925, coa bula «Vixdum Poloniae unitas» do papa Pío XI foron reorganizadas as circunscricións eclesiásticas polacas de rito latino, e a arquidiocese de Lviv pasa a ter como sufragáneas as dioceses de Przemyśl e de Lutsk.

O 5 de xuño de 1930 a arquidiocese cedeu o territorio da Bucovina romanesa á diocese de Iaşi, e en 1991 cedeu novamente territorio para a erección da diocese de Zamość-Lubaczów

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Bispos de Halych[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Halych[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Lviv[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Catholic Encyclopedia (ed.). "Lemberg - Latin archbishopric" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  2. Charles George Herbermann, Edward Aloysius Pace (1950). Appleton, ed. The Catholic Encyclopedia: Laprade-Mass IX. p. 145. 
  3. Pódese atopar dita bula na seguinte obra: Bullarum diplomatum et privilegiorum sanctorum Romanorum pontificum Taurinensis editio (en latín) IV. 1859. pp. 658–660.  Libro dixitalizado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]