Mar Barcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Barcón

Logo PSdeG.svg
Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE
2008 – 2013
Sucedido por Pilar Cancela

Escudo de A Coruña.svg
Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
por PSdeG-PSOE
1999 – 2009

2011 – 2017

Concelleira de Servizos Sociais no Goberno Municipal da Coruña
1999 – 2006

Concelleira de Urbanismo no Goberno Municipal da Coruña
2006 – 2009
Precedido por Javier Losada
Sucedido por Obdulia Taboadela

2005 – 2011

Datos persoais
Nacemento 14 de maio de 1963 (54 anos)
Ortigueira, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Médico, político
Residencia A Coruña
Sitio web Blog oficial
Twitter @marbarcon

María del Mar Barcón Sánchez, nada en Ortigueira o 14 de maio de 1963, é unha médico e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou tamén estudos de Historia na UNED[1]. Milita no PSdeG-PSOE desde 1985[2], cando se afiliou a Agrupación Socialista Coruñesa e ás Xuventudes Socialistas.

1999 - 2009: Concelleira no goberno da Coruña[editar | editar a fonte]

Foi concelleira no goberno da Coruña desde 1999 até 2009[3]. Nunha primeira etapa á fronte de Servizos Sociais durante os dous últimos mandatos de Francisco Vázquez. Co ascenso á alcaldía de Javier Losada en 2006 foi nomeada concelleira Urbanismo, cargo que habería anovar logo do pacto co BNG que permitiu ao PSOE coruñés manter a xestión da cidade.

Foi conselleira de Caixa Galicia dende 2004 ata 2011, período no que se xestou a venda de participacións subordinadas, coñecidas como preferentes, e apróbanse as indemnizacións millonarias á cúpula directiva. En outubro de 2011 dimitiu do seu cargo.[4]

2005 - 2011: Deputada no Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

Logo das eleccións autonómicas de 2005 foi elixida deputada para o Parlamento galego pola provincia da Coruña[5], posto que repetiría após os comicios de 2009, nos que encabezou as listas pola mesma provincia.

Foi secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de 2008 a 2013.

2011 - 2017: Volta á Corporación Municipal coruñesa e liderado local[editar | editar a fonte]

En xuño de 2011 renunciou a acta de deputada para ser portavoz do Grupo municipal socialista no Concello da Coruña[6]. Entrou formar parte desde 2012 do Comité Federal do PSOE.

Encabezou as listas do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais do ano 2015, resultando elixida concelleira na oposición. En xullo de 2015 deixa o posto de voceira do grupo socialista no concello[7] en favor do número catro da lista e tamén concelleiro José Manuel Dapena Varela[8].

Logo do vitoria de Pedro Sánchez sobre Susana Díaz na disputa polo liderado do PSOE Barcón, quen decidira apoiar á derrotada, anunciou o 15 de xuño de 2017 a súa renuncia á acta de concelleira na Coruña e a retirada da vida política, o que implicou tamén a súa saída do Comité Federal.[9][10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curriculum extendido Dra. Mar Barcón". Clinica Segrelles - Planificación Familiar Coruña (en español). 2014-06-12. Consultado o 2017-06-19. 
  2. "Perfil oficial de Mar Barcón en LinkedIn". LinkedIn. 
  3. "El Ayuntamiento de A Coruña insta al Gobierno a ampliar la pista de Alvedro". La Voz de Galicia (en español). 2009-02-02. Consultado o 2017-06-19. 
  4. "Barcón y el escándalo de las preferentes". El Ideal Gallego. 
  5. Europa Press (2017-06-15). "A socialista Mar Barcón presenta a súa renuncia como concelleira do Concello da Coruña". europapress.es. Consultado o 2017-06-19. 
  6. "Barcón renuncia á acta de deputada no Parlamento". La Opinión A Coruña. Consultado o 2017-06-19. 
  7. "Barcón deja la portavocía del PSOE". La Voz de Galicia (en español). 2015-07-17. Consultado o 2017-06-19. 
  8. Los socialistas eligen a José Manuel Dapena como nuevo portavoz del grupo municipal. www.elidealgallego.com, 23/07/2015 (en castelán).
  9. "Mar Barcón renuncia a su acta tras 15 años como concejala". La Voz de Galicia. Consultado o 15/06/2017. 
  10. "Marcha Mar Barcón, a última concelleira da era vazquista na Coruña". Praza Pública. Consultado o 2017-06-19. 
  11. La Opinión de A Coruña. "Valentín González Formoso y Diego Taibo entran en el Comité Federal del PSOE". Consultado o 2017-06-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]