Ángel María Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel María Villar
Ángel María Villar.jpg
Ángel María Villar
Información persoal
Nome completo Ángel María Villar Llona
Nacemento 21 de xaneiro de 1950 (69 anos)
  Bilbao
Nacionalidade España
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1961–1969 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1969–1981 Athletic Club 291 (22)
1969–1970Galdakao (cedido)
1970–1971Getxo (cedido)
Selección nacional
1972 España Olímpica 1 (0)
1973–1979 España 22 (3)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Ángel María Villar Llona, nado en Bilbao o 21 de xaneiro de 1950, é un ex futbolista e dirixente deportivo español. Foi o presidente da Real Federación Española de Fútbol entre 1988 e 2017, posto do que foi suspendido por delitos de corrupción. Foi tamén vicepresidente e presidente en funcións da UEFA e vicepresidente da FIFA.

Biografía[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, Villar pasou polo CD Galdakao e o CD Getxo para regresar en 1970 ao club biscaíño, onde desenvolveu toda a súa carreira como profesional. Co primeiro equipo dos branquivermellos debutou en Primeira División o 9 de setembro de 1971. Ata colgar as botas, en 1981, conquistou unha Copa do Generalísimo en 1973 e foi subcampión da Copa da UEFA en 1977.

Como xogador destacou na súa traxectoria pola súa entrega e a súa calidade, pero quedará para os anais unha memorable agresión á superestrela azulgrana Johan Cruyff o 24 de marzo de 1974, cuxas imaxes deron a volta ao mundo.[1]

Como dirixente[editar | editar a fonte]

En 1978 Villar xa fora un dos fundadores da Asociación de Futbolistas Españois (AFE), sindicato do que chegou a ser vicepresidente. Posteriormente foi elixido presidente da Federación Biscaíña de Fútbol e pertenceu á xunta da Real Federación Española de Fútbol presidida por José Luis Roca. En 1988 substituíu a este como presidente, sendo reelixido no cargo en cinco ocasións: 1992, 1996, 2000, 2004 e 2008. Actualmente vive o seu quinto mandato á fronte do máximo organismo futbolístico español. O máis destacable deste longo período foron os éxitos deportivos da selección española de fútbol ao comezo e nos últimos tempos do seu mandato, gañando títulos como as olimpíadas de 1992, a eurocopa de 2008 ou o mundial de 2010, así como numerosos trofeos en categorías inferiores.

É tamén vicepresidente da UEFA desde 1992 e da FIFA desde 2000.

Controversia como dirixente[editar | editar a fonte]

En 2003 despediu a quen foi o seu Secretario Xeral durante 12 anos, Gerardo González, alegando deslealdade e baixo acusacións de filtrar documentos á prensa. Este á súa vez denunciou á federación por irregularidades económicas e presentou unha candidatura ás seguintes eleccións coa que non logrou acceder á presidencia. Desde esa data iniciouse un proceso de reforma estrutural en todos os niveis, pasando a ser Jorge Pérez Arias Secretario Xeral. Construír a nova Cidade do Fútbol Español en Las Rozas, remodelouse a Dirección Deportiva federativa con Fernando Hierro como máximo responsable, e a estrutura administrativa da RFEF con profesionais externos á fronte de diferentes departamentos (Vicente Casado Salgado en Mercadotecnia, Emilio García Silvero para os temas Xurídicos, Pedro Rubio Otaño en Recursos Humanos e Calidade, ou Antonio Bustillo para Comunicación).

Durante o seu mandato na RFEF cuestionouse moito sobre a súa xestión a diferentes niveis como o funcionamento e designación no colectivo arbitral, subvencións, e ata na súa actuación contra determinadas resolucións do estado español en materias de sucesión do cargo. O goberno intentou promover unha reforma en 2007 cunha norma específica que entre outros resultados conduciría a que abandonase o cargo que ocupaba desde facía máis de 20 anos. Villar respondeu cunha candidatura apoiada por máis do 80% dos votos, obtendo a reelección.

Entre outros xuízos pendentes de resolución por irregularidades económicas, graves deficiencias no control e xestión de subvencións que afectan a máis de 20 millóns de euros acreditadas polo tribunal de contas levaron ao CSD a conxelar a subvención á RFEF á espera do ditame xudicial.

O 18 de xullo de 2017 foi detido pola Garda Civil, xunto ao seu fillo Gorka e ao vicepresidente económico da RFEF, Juan Padrón, nunha operación baixo a supervisión do xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz. Por orde do mesmo xuíz o día 20 de xullo de 2017 ingresou na prisión de Soto del Real de maneira incondicional e provisional ao entender o maxistrado da Audiencia Nacional que existía risco de obstrución á xustiza, así como consecuencia da gravidade dos delitos que o actual presidente da RFEF cometeu presuntamente.

Á vista dos indicios de delito, a comisión directiva do Consello Superior de Deportes suspendeuno como presidente da RFEF o 25 de xullo de 2017. Pouco despois dimitiu dos seus cargos na FIFA e a UEFA.

O 21 de decembro de 2017, o Tribunal Administrativo do Deporte ( TAD) destituíu a Villar do cargo de presidente da RFEF, ao considerar probada a súa falta de neutralidade nunhas eleccións celebradas uns meses antes.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa do Generalísimo Athletic Club España 1973

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Subcampión da Eurocopa Selección española Francia 1984

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hemeroteca de Mundo Deportivo del 27-03-1974 [1] (Consultado o 05-02-2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]