Isabel Soto: Diferenzas entre revisións
→Ensaio: +1 |
|||
Liña 38: | Liña 38: | ||
===Ensaio=== |
===Ensaio=== |
||
*''Do libro impreso á Internet'', [[2005]], [[Xunta de Galicia]]. |
*''Do libro impreso á Internet'', [[2005]], [[Xunta de Galicia]]. |
||
* ''[[María Victoria Moreno]]. Sementadora de futuro'', 2018, Edicións Xerais, con [[Xavier Senín]]. |
|||
===Traducións=== |
===Traducións=== |
Revisión como estaba o 12 de marzo de 2018 ás 11:43
Modelo:Escritor María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.
Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e analálise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".
É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).
Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].
No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.
Tradución literaria
Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].
No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.
Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.
Obra
Ensaio
- Do libro impreso á Internet, 2005, Xunta de Galicia.
- María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais, con Xavier Senín.
Traducións
- O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.
- Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).
- Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.
- Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.
- As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.
- A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.
- Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.
- De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.
- Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.
- Galego á beira do mar, de Juan Farias, 2008, Kalandraka.
- Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.
- Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).
- Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.
- Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.
- Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.
- Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.
- Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.
- Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.
- Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.
- Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.
- Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.
- Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.
- Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.
- Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.
- Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
- Isto non é un conto, de Denis Diderot, 2015, BIVIR[15]..
- Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.
- Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.
- A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.
- Thérese Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.
- Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
- A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.
Edicións
- Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, 1998, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2012.
- Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2017.
Obras colectivas
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
- Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
- Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
- A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
- A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
- Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
- O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
- A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
- Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
Traducións colectivas
- O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Xavier Senín.
- Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Xavier Senín.
- A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Xavier Senín.
- A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
- A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Xavier Senín.
- Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
- O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, Albert Uderzo, 2009, Salvat. Con Valentín Arias e Xavier Senín.
- Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
- Asterix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Xavier Senín.
- A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
- Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- Astérix. O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Xavier Senín.
- Ástérix en Italia, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2017, Xerais. Con Xavier Senín.[16]
Premios
- A tradución da obra A odisea contada aos nenos foi distinguida co Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores de 2008[17].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015, por O papiro do César.
- Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVI edición (2016) por Fosca[18].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido para público adulto de 2017, por Thérèse Raquin, de Émile Zola.
Notas
- ↑ Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, no CRPIH.
- ↑ Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
- ↑ Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
- ↑ Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
- ↑ Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
- ↑ Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
- ↑ Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega, artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
- ↑ Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
- ↑ CV de Marta Neira, p. 14.
- ↑ Actas do Congreso IBBY, p. 5
- ↑ Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
- ↑ Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
- ↑ Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
- ↑ Isto non é un conto en formato PDF.
- ↑ Ficha da obra na páxina da editorial.
- ↑ Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
- ↑ A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Isabel Soto na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.