Joris-Karl Huysmans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joris-Karl Huysmans
Nome completoCharles Marie Georges Huysmans
AlcumeA. Meunier
Nacemento5 de febreiro de 1848 e 1848
Lugar de nacementoParís
Falecemento12 de maio de 1907 e 1907
Lugar de falecementoParís
Causacancro de labio e cavidade oral
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Relixióncatolicismo
Alma máterLycée Saint-Louis
Ocupaciónescritor, crítico de arte, novelista, autor e crítico literario
Coñecido porA contrafío
PremiosOficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
Bitraga: 4418 Dialnet: 1627547 Musicbrainz: 3e8b0a92-a3d0-4318-8795-29607816742b Discogs: 1104661 WikiTree: Huysmans-22 Find a Grave: 7285 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
J.-K.Huysmans en 1904, retratado por André Taponier.

Charles Marie Georges Huysmans, coñecido como Joris-Karl Huysmans, nado en París o 5 de febreiro de 1848 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1907, foi un escritor francés. Os traballos de Huysmans expresan un desgusto pola vida moderna e un profundo pesimismo, que conectou o autor primeiro co filósofo Schopenhauer e, máis tarde, tras o rexeitamento da súa primeira etapa, cos postulados da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente dunha longa liña de pintores flamengos, tivo unha mocidade dolorosa (a súa nai volveu casar cun home de negocios, protestante: Jules Og). Estudou leis e ingresou como funcionario do Ministerio do Interior. Publicou pola súa conta en 1874 un conxunto de poemas titulado Le Drageoir à épices. As súas primeiras obras, como Marthe, histoire d’une fille (1876) e Les Sœurs Vatard (1879), estaban inspiradas polo naturalismo de Émile Zola. Acudía ás veladas do grupo de Médan, para o que colaborou cun conto: Sac au dos no que fala sobre os seus recordos militares. O libro colectivo publicado: Les Soirées de Médan constitúe o Manifesto do Naturalismo. As súas obras están por entón (1881-1882), cheas de vidas sen brillo e dun eslamiado día a día e xa aparece o seu desgusto por un mundo moderno composto por bribóns e imbéciles.

En A contrafío (1884) novela que se converteu en modelo do decadentismo rompe claramente coa estética naturalista; as tendencias ao artificio do protagonista, o marqués Jean des Esseintes, son, no fondo, impulsos cara a un ideal. Sobre a novela Là-bas escribiu Luis Buñuel un guión con Jean-Claude Carrére que non chegou a filmarse. Volveu ao seo do catolicismo en 1892; as súas novelas En route (1895) e La Cathédrale (1898) están dedicadas a narrar a súa experiencia relixiosa. Retirouse ao mosteiro dos beneditinos en París, cidade na que morreu. Está enterrado no cemiterio de Montparnasse.

Obras[editar | editar a fonte]

Tumba de J.-K. Huysmans no cemiterio de Montparnasse, en París.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Marthe, histoire d’une fille (1876)
  • Les Sœurs Vatard (1879)
  • En ménage (1881)
  • A contrafío[1] (À rebours no orixinal francés) (1884)
  • Là-bas (1891)
  • En route (1895)
  • La Cathédrale (1898)
  • L'Oblat (1903)
  • Les Foules de Lourdes (1906)

Outros[editar | editar a fonte]

  • Le Drageoir aux épices (prosa poética, 1874)
  • Sac au dos (relato aparecido en Les Soirées de Médan, 1880)
  • Croquis parisiens (prosa poética, 1880)
  • À vau-l’eau, (1882)
  • L’Art moderne (crítica de arte, 1883)
  • En rade (novela, 1887)
  • Un dilemme (relatos, 1887)
  • La Retraite de monsieur Bougran (relatos, 1888 ; publicación póstuma 1964)
  • Certains (crítica de arte, 1889)
  • La Bièvre (monografía, 1890)
  • La Bièvre et Saint-Séverin (monografía, 1898)
  • Les Gobelins ; Saint-Séverin (monografía, 1901)
  • Sainte Lydwine de Schiedam (haxiografía, 1901)
  • De tout (compilación de artigos, 1902)
  • Trois Primitifs (crítica de arte, 1905)
  • Trois Églises (monografía, publicación póstuma 1908)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traducida ao galego por Isabel Soto e publicada en 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]