Juan Farias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Farias
Nome completoJuan Farias Díaz Noriega
Nacemento31 de marzo de 1935
Lugar de nacementoSerantes
Falecemento11 de xuño de 2011
Lugar de falecementoVillaviciosa de Odón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PremiosPremio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España e Premio de novela Ciudad de Oviedo
editar datos en Wikidata ]

Juan Farias Díaz-Noriega nado en Serantes o 31 de marzo de 1935 e finado en Villaviciosa de Odón o 10 de xuño de 2011[1], foi un escritor galego en lingua castelá cuxa obra pode dividirse en dúas grandes etapas, segundo sexan o seu destinatario principal os lectores adultos (1959-1975) ou os nenos e novos (1977 en diante). Neste segundo xénero é onde obtivo un maior recoñecemento.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Farias é singular no panorama da literatura española, polo seu compromiso político, a súa vontade de estilo e o seu léxico preciso, a minuciosa descrición do mundo rural (con frecuencia, da posguerra) e a súa renuencia a axustarse aos esquemas narrativos e trucos literarios máis típicos do xénero. A crítica tendeu a organizar esas características baixo o paraugas da "economía de medios", coa excepción de que debe entenderse unha economía sen concesións: non hai barroquismo nin alardes retóricos, pero non se renuncia á exactitude nin aos dialectalismos, cando é preciso. Entre os seus numerosos premios, cabe destacar que en 2005 foi galardoado co primeiro Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil, que outorga a Editorial SM.

Obra selecta para adultos[editar | editar a fonte]

  • Os nenos numerados (Los niños numerados), 1965.[2]
  • Los buscadores de agua, 1966
  • A Gritos, Gilbert, Furiosamente, 1972
  • Gran Cabotaje, 1968

Obra selecta para nenos[editar | editar a fonte]

  • Algunos niños, tres perros y más cosas, 1980. Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España, e unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
  • Crónicas de Media Tarde: Años difíciles, O barco dos peregrinos e O gardián do silencio, 1983-1985.
  • El niño que vino con el viento, 1986.
  • Por tierras de pan llevar, 1988.
  • Cuarenta niños y un perro, 1992.
  • La infancia de Martín Piñeiro, 1994.
  • A la sombra del maestro, 1995. ISBN 84-8224-054-9
  • Los caminos de la luna, 1997.
  • El paso de los días, 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]