Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CLIJ")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cuadernos de literatura infantil y juvenil, tamén coñecida polo acrónimo CLIJ, é unha revista de ámbito estatal español que se ocupa da análise da literatura infantil e xuvenil. Foi creada en 1988 e leva editándose de forma ininterrompida dende aquel, con 11 números ao ano. É unha revista punteira no seu sector, xunto con Educación y Biblioteca, Primeras noticias, Peonza ou Platero; e, na rede, xunto con Imaginaria e Babar. Así mesmo, caracterízase por poñer unha especial atención nas literaturas producidas en linguas do estado distintas do castelán. Foi premiada en 2005 co Premio Nacional de Fomento da Lectura[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La revista CLIJ y ‘Leer juntos’, premios de fomento de la lectura, nova na revista Babar o 23 de novembro de 2005 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]