Golfiño (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Golfiño (1999-2004) foi unha revista orientada ao público infantil e xuvenil e dedicada á banda deseñada en galego. Nas súas páxinas colaboraron a maioría dos autores de BD galega, como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Norberto Fernández, Kiko da Silva ou Jacobo Fernández.

Historia[editar | editar a fonte]

A revista viu a luz en febreiro de 1999 da man de Edicións Xerais e adoptou un ritmo de publicación mensual a partir de xaneiro de 2000. Na dirección da publicación estaban como máximos responsábeis Miguel Vázquez Freire e Fausto Isorna. Esta primeira etapa da revista durou pouco máis dun ano e chegou aos 14 números. A incapacidade para captar un público máis numeroso que puidese sustentar economicamente o proxecto levou ao fin deste primeiro capítulo na historia da revista.

A segunda etapa da revista iniciouse o 17 de marzo de 2002. A publicación pasaba de estar á venda en quioscos e librarías a ser difundida como suplemento do xornal La Voz de Galicia, feito que lle garantiría unha boa distribución por toda a xeografía galega. Na súa etapa final chegou a acadar unha tiraxe superior aos 160.000 exemplares, que eran distribuídos todos os domingos gratuitamente con La Voz de Galicia.

O final de Golfiño[editar | editar a fonte]

Tras o número 89, "La Voz de Galicia" deixou de distribuír Golfiño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]