Eulalia Agrelo Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eulalia Agrelo Costas
Eulalia Agrelo Costas (AELG)-3.jpg
Nacemento 26 de xaneiro de 1974 (43 anos)
Lugar Asados, Rianxo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación escritor
Xéneros Ensaio
Estudos Doutorada en Filoloxía Galego-Portuguesa
editar datos en Wikidata ]

María Eulalia Agrelo Costas, nada en Asados (Rianxo) o 26 de xaneiro de 1974, é unha filóloga e ensaísta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 1998 e 2000 traballou no proxecto Informes de Literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig, colaborando na actualidade neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de Dicionarios de Literatura, dirixido por Anxo Tarrío, e o de Narrativa Recuperada, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora (LIXMI). Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009) e, actualmente, é tamén profesora de lingua e literatura galega no ensino medio.

Obra[editar | editar a fonte]

Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.

Edición[editar | editar a fonte]

  • Obra narrativa en galego, de Aurelio Ribalta, 2000, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A aventura de oír, contar e ler, 2002, Consellería de Cultura.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías, 2002, Consellería de Cultura.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2002, 2004, Galix/Xunta de Galicia.
  • A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega, 2004, Xerais.
  • Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, 2007, Centro Ramón Piñeiro.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]