Premio Lois Tobío ao Libro Traducido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio Lois Tobío»)

Premio Lois Tobío ao Libro traducido foi un galardón, existente entre 2005[1] e 2015, que entregaba a Asociación Galega de Editores á mellor obra traducida de cada ano cara á lingua galega, e que formaba parte á súa vez dos Premios da Edición[2]. O premio deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da AGE, a AELG e mais a Federación de Librarías de Galicia, que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016. O galardón era así mesmo un recoñecemento ao labor de tradución dun persoeiro das letras galegas, Lois Tobío Fernández.

Con este premio foron distinguidos, entre outros, María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle pola tradución conxunta do Ulises[3], Ramón Gutiérrez Izquierdo por Sonetos de Shakespeare[4], Isabel Soto e Xavier Senín por A odisea contada aos nenos[5] ou Darío Xohán Cabana por As floriñas de San Francisco[6].

Restrinxido ás obras publicadas polas editorais asociadas á AGE, nun principio optou por recoñecer os libros traducidos e publicados en lingua galega entre o 1 de decembro dun ano e o 30 de novembro do seguinte[7]. Máis adiante, adoptou un calendario regular e pasou a entregar os galardóns a ano vencido.

Premiados[editar | editar a fonte]

Edición Ano[8] Tradutor Obra Autor Editorial
Primeira 2005 Mercedes Pacheco Manhattan Transfer John Dos Passos Sotelo Blanco
Segunda 2006 Luís Fernández Rodríguez Don Xoán (contado por si mesmo) Peter Handke Sotelo Blanco
Terceira 2007 Isabel Soto e Xavier Senín A odisea contada aos nenos Rosa Navarro Durán Rodeira-Edebé
Cuarta 2008 Xesús Fraga Lolita Vladimir Nabokov Kalandraka
Quinta 2009 Eva Almazán Contos completos Edgar Allan Poe Galaxia
Sexta 2010
Sétima 2011 Ramón Nicolás 30 gramos Leonel Moura Alvarellos
Oitava 2012 Ramón Gutiérrez Izquierdo Sonetos William Shakespeare Xerais
Novena 2013 Isaac Xubín Alén da fronteira. Sete poetas vascos VV.AA. Kalandraka
Décima 2014 María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle Ulises James Joyce Galaxia
Undécima 2015 Darío Xohán Cabana As floriñas de S. Francisco Anónimo Alvarellos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premios da Edición 2006, CCG, 19 de decembro de 2006.
  2. Finalistas dos Premios da Edición en 2014 Arquivado 11 de abril de 2017 en Wayback Machine., na páxina web da editorial Xerais.
  3. Cinco libros de Galaxia entre os finalistas dos premios da Edición [Ligazón morta], nova na web da editorial Galaxia o 18 de febreiro de 2014.
  4. Os editores premian a Queipo, Fernández Paz e Lois Pereiro, nova en Culturagalega.org o 12 de marzo de 2012.
  5. "«Versionar aos clásicos é moi positivo se se fai con respecto e moitocoidado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-01-24. Consultado o 2020-05-15. 
  6. Entregados os Premios Ánxel Casal da Edición de 2014, nova na Axenda da AELG o 16 de marzo de 2015.
  7. Premios da Edición 2005, Bretemas, 16 de novembro de 2005.
  8. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]