Paco Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paco Souto
Paco Souto (AELG)-1.jpg
Nacemento 12 de outubro de 1962
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 30 de marzo de 2017 (55 anos)
Lugar Razo (Carballo), Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Poesía e teatro
editar datos en Wikidata ]

Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017[1][2], foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • As árvores do incesto, 1995, Espiral Maior.
  • Fado, 1998, Letras da Cal.
  • Crebar cristais coa lingua, 2003, A. C. Caldeirón.
  • As horas de María, 2007, Espiral Maior.
  • E alentar na túa rosa, 2010, A. C. Caldeirón.
  • e Caín, 2016, Laiovento.

Teatro[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obras pluridisciplinares[editar | editar a fonte]

  • América, con Laura Quintillán e Kukas, (1993).

No ano 2001 crea xunto o músico Serxio Moreira a compañía AÍNDA na que en anos posteriores incorporaranse o fotógrafo Peter Schneider e a escritora Rosalía Fernández Rial, realizando as seguintes montaxes:

  • Como augas de maio, con Serxio Moreira, (2001).
  • Aviléscanto, con Serxio Moreira, (2003).
  • As horas de María, con Serxio Moreira, ( 2005).
  • "Homenaxe a Xelucho Abella", con Serxio Moreira,( 2007).
  • Lugar de incendios, montaxe con pintura, música e poesía xunto a Serxio Moreira,(2009).
  • "Tempo escuro", montaxe con fotografía, música e poesía xunto a escritora Rosalía Fernández Rial, o fotógrafo Peter Schneider e o músico Serxio Moreira, (2013).
  • "Catálogo" , montaxe xunto a escritora Rosalía Fernández Rial e os artistas plásticos, Chiña da Brea e Mon Lendoiro.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario Cultural (30/03/2017). Radio Galega. CRTVG, ed. "Diario Cultural sobre a morte de Paco Souto" (mp3) (Podcast). Escena en 0m22s ata 11m28s. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  2. Muere el percebeiro y edil nacionalista de Malpica Paco Souto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]