Retagarda Edicións
Aparencia
Retagarda Edicións | |||
---|---|---|---|
Instancia de | editorial ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2000 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Galicia ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Retagarda edicións foi unha editorial galega que desenvolveu a súa breve actividade durante o ano 2000.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacida como un proxecto dos escritores Eduardo Estévez, Rafa Villar e Estevo Creus, a editorial caracterizábase por dedicarse en exclusiva á edición dixital, baixo formato diskette o que favorecía uns prezos populares. O precario estado da lectura en formato dixital, xunto co momento tecnolóxico escollido (en plena expansión de Internet e no ocaso do diskette como formato), provocaron, xunto con outras causas, a fin da súa actividade. Algunha das súas obras foron reeditadas con posterioridade en novos formatos dixitais para a súa difusión gratuíta na rede.
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- O libro dos cans, Estevo Creus, 2000.
- Ícaro, Rafa Villar, 2000.
- Os veos da paisaxe, Eduardo Estévez, 2000.