Premio de poesía Concello de Carral
O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.
Historia e características[editar | editar a fonte]

Os obxectivos do premio son a descuberta ou consolidación de poetas de Galicia e o fomento da lectura de poesía. Desde os seus inicios o certame contou coa colaboración de Espiral Maior Edicións, dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, que se encargou da edición das obras gañadoras incluíndoas na súa colección de poesía.
O premio naceu xunto coa primeira biblioteca municipal de Carral, por iniciativa do concelleiro de Cultura Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro[Cómpre referencia]. Desde a primeira edición a dirección do concurso corre a cargo do técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez[Cómpre referencia].
A dotación económica, que aumentou cos anos, estaba fixada en 2017 en 2.500 euros[Cómpre referencia]. Tamén foi aumentando o número de versos requiridos nas obras presentadas, sendo nea edición de 500 versos.
Nas primeiras 20 edicións do premio presentáronse en total case 800 libros ao concurso[Cómpre referencia].
Gañadores[editar | editar a fonte]
- 2022: Ciro Fernández Briones, Oídos de espeleóloga.[1]
- 2021ː Álex Mene, Os puntos de impacto.[2]
- 2020: Manuel López Rodriguez, Nas pulsacións.[3]
- 2019: Xurxo Alonso, En luz escrita.[4]
- 2018: Xabier Cid, As bicis.
- 2017: Xosé Luís Mosquera Camba, Das árbores tropicais e do amor.
- 2016: Modesto Fraga, Devalar sen pel.
- 2015: Eva Veiga, Soño e vértice.
- 2014: Oriana Méndez, O que precede a caída é branco.
- 2013: Dores Tembrás, Cronoloxía da urxencia.
- 2012: Roi Vidal, Teatro.
- 2011: Emma Pedreira, Libro das mentiras.
- 2010: Miro Villar, As crebas.
- 2009: Eli Ríos, Nós escoitando o badalo de marienplatz.
- 2008: Paulino Peña Álvarez, Gramática da afirmación.
- 2007: Xosé Luís Mosquera Camba, Nadja c’est moi.
- 2006: Isidro Novo, Esteiro de noites falecidas.
- 2005: Marcos S. Calveiro, Cartas do terceiro día.
- 2004: Xurxo Alonso, Breviario de Aldemunde.[5]
- 2002: Eduardo Estévez, Derrotas.
- 2001: Baldo Ramos, A árbore da cegueira.
- 2000: Lucía Novas, Epiderme de estío.
- 1999: Rafa Villar, Días de Sherezade.
- 1998: Rafael Lema, Atlántica.
- 1997: Fernando Díaz-Castroverde, Camiño de píntegas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ciro Briones, de A Pobra, gana el Premio de Poesía Concello de Carral con "Oídos de espeleóloga"". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral". Nós Diario. Consultado o 2021-05-05.
- ↑ "MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ GANA EL 23º PREMIO CONCELLO DE CARRAL DE POESÍA". www.carral.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "XURXO ALONSO GAÑA O XXII CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”. Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ Non se convocou o premio en 2003.