Rómulo Gallegos
Rómulo Gallegos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de agosto de 1884 |
Lugar de nacemento | Caracas |
Falecemento | 7 de abril de 1969 e 5 de abril de 1969 |
Lugar de falecemento | Caracas |
Soterrado | Panteão Nacional da Venezuela |
Nacionalidade | Venezuela |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade Central de Venezuela |
Ocupación | escritor, político, novelista e xornalista |
Premios | National Prize for Literature e doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rómulo Galegos Freire, nado en Caracas o 2 de agosto de 1884 e finado na mesma cidade o 5 de abril de 1969, foi un escritor e político venezolano. Formouse na Universidade Central de Venezuela.
Biografía[editar | editar a fonte]
Orixes galegas[editar | editar a fonte]
Na Enciclopedia da Emigración Galega en liña[1] mencionan que na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, referíndose á fundación o 9 de febreiro de 1945 do Lar Gallego de Caracas por Mosqueira Manso entre outros, nomearon socios de honra a Andrés Eloy Blanco e a Rómulo Gallegos, e subliñan:
a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso, Bueu, e o Ministro de Relacións Exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.[2]
Escritor[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Está considerado o novelista venezolano máis relevante do século XX e un dos máis grandes literatos latinoamericanos de todos os tempos. Algunhas das súas novelas como Doña Bárbara pasaron a converterse en clásicos da literatura hispanoamericana.
Político[editar | editar a fonte]
Exerceu o cargo de Presidente de Venezuela en 1948 por escasos nove meses, e converteuse no primeiro mandatario presidencial do século XX elixido de maneira directa, secreta e universal polo pobo venezolano, e foi o Presidente da República que obtivo a maior porcentaxe de votos ao seu favor en eleccións populares celebradas no país en todos os tempos, con máis do 80% da totalidade dos votos. Foi apartado do poder debido ao golpe de Estado de 1948, liderado por Carlos Delgado Chalbaud.
Entre 1960 e 1963 foi o primeiro presidente da recentemente creada Comisión Interamericana de Dereitos Humanos.
Homenaxes[editar | editar a fonte]
Centros de ensino[editar | editar a fonte]
Entre outros, levan o nome de Rómulo Gallegos:
- Colexio Rómulo Gallegos (Petare, Estado Miranda)
- Unidade Educativa Instituto Rómulo Gallegos en Valencia, estado Carabobo.
- A Universidade Nacional Experimental de los Llanos Centrales Rómulo Gallegos (UNERG), é unha universidade con sede en San Juan de los Morros, Estado Guárico.
- Centro Rómulo Gallegos de Estudos Latinoamericanos (CELARG), instituto de divulgación cultural de Caracas, Venezuela
Urbanismo[editar | editar a fonte]
Municipios co seu nome[editar | editar a fonte]
- A municipalidade Rómulo Gallegos, estado Apure, Venezuela.
- Municipio de Rómulo Gallegos, estado Cojedes, Venezuela.
Rúas e prazas[editar | editar a fonte]
- Avenida Rómulo Gallegos, unha das vías máis importantes de Caracas, Venezuela
- Parque Nacional Santos Luzardo, nome tomado dun dos personaxes principais da súa famosa novela Doña Bárbara.
- Avenida Rómulo Gallegos (Barquisimeto, Estado Lara)
Premios[editar | editar a fonte]
- O Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos é outorgado cada dous anos polo goberno de Venezuela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "enciclopedia da emigración". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-06.
- ↑ "Biografía de Mosqueira Manso". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Rómulo Gallegos |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rómulo Gallegos ![]() |