Tívoli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tivoli")

Coordenadas: 41°58′N 12°48′L / 41.967, -12.800

Tívoli
Tivoli
Tivoli montage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Tívoli en Italia
Tívoli
Tívoli
País Italia Italia
Rexión Lacio
Provincia Provincia de Roma
Xeografía
Altitude 235 msnm
Superficie 68 km²
Demografía
Poboación 53.195 hab. (2008)
Densidade 780 hab/km²
Outros datos
Código postal 00019
Alcalde Giuseppe Proietti
Páxina oficial de Tívoli

Tívoli, no latín Tibur, no italiano Tivoli, é unha cidade do Lacio, en Italia, na provincia de Roma, que conta actualmente cuns 55.500 habitantes. Está na marxe esquerda do río Aniene, no nordeste de Roma.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nestas terras, entre outras materias primas, había unha pedra chamada actualmente travertino, que foi moi usada en Roma; aínda existen restos das antigas canteiras. O Coliseo e a Basílica de San Pedro de Roma están feitos con este material.

Foi unha localidade romana coñecida pola súa paisaxe agreste, de bosques escalonados e fervenzas, cun clima máis fresco e limpo que a populosa Roma. Converteuse en lugar de veraneo en tempos do Imperio romano. Alí tiveron vilas moitos personaxes romanos, entre os que cabe mencionar ao emperador Adriano e ao poeta Quinto Horacio Flaco (658 a. C.). As modernas obras hidráulicas de captación de auga variaron sensiblemente a paisaxe do lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]