Peite do Vento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°19′18″N 2°00′20″O / 43.32177463934794, -2.0056700706481934

O "Peite do Vento", en San Sebastián.
Outra vista do Peite do Vento.

O Peite do Vento (en éuscaro: Haizearen orrazia, en castelán: Peine del Viento) é un conxunto de esculturas de Eduardo Chillida sobre unha obra arquitectónica do arquitecto vasco Luis Peña Ganchegui, sendo probablemente a súa obra máis importante e coñecida.

Atópase situado nun extremo da baía da Concha, ao final da Praia de Ondarreta, en Donostia, País Vasco. Está composto por tres esculturas de aceiro, incrustadas nunhas rochas que dan ao mar Cantábrico.

Chillida seguiu traballando na serie Peite do Vento, que coincide no aspecto formal coa súa colección de Estelas, e particularmente, coas dedicadas a Pablo Picasso, Salvador Allende e Pablo Neruda.[1]

A obra foi finalizada en 1976. Ademais das esculturas, acondicionouse unha zona onda elas cunhas saídas de aire e agua que se abastecen das ondas que baten nas rochas e nas esculturas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]