Arquidiocese católica latina de Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquidiocese de Burgos
Archidioecesis Burgensis
Burgos Cathedral 01.jpg
Datos xerais
Erixida1075
SufragáneasBilbao, Osma-Soria, Palencia, Vitoria
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

339.185 (90,3%)
375.563
Área13.849 km2
Parroquias1.003
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoFidel Herráez
Outros datos
Páxina webwww.archiburgos.es
Diocesisdeburgos.PNG

A arquidiocese de Burgos (en latín: Archidioecesis Burgensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 339.185 bautizados sobre unha poboación total de 375.563 habitantes. Os seu arcebispo actual é Fidel Herráez.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue a provincia de Burgos. Limita coas dioceses de Palencia (suroeste), Santander (norte), Vitoria (nordeste), Calahorra e La Calzada-Logroño (leste), Osma-Soria (sueste), Segovia e Valladolid (sur).

A sé arcebispal é a cidade de Burgos, onde está a catedral de Santa María. O territorio, de 13.849 km², está dividido en 1.003 parroquias, agrupadas en 15 arciprestados, e á súa vez en 3 vigairías.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Burgos foi erixida en 1075, e pouco despois ampliou os seus territorios coa supresión das dioceses de Valpuesta (en 1087) e de Nájera (en 1100).

22 de outubro de 1574 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

O 12 de decembro de 1754 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Santander. O 8 de setembro de 1861 cedeu novamente territorio para erixir a diocese de Vitoria.

En 1953 levou a cabo un axuste territorial coa diocese de Segovia.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]