Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo é unha corporación de dereito público, de carácter cultural, fundada polos bispados de Ourense e Mondoñedo-Ferrol, que ten como fins a investigación e difusión da figura de San Rosendo. [1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi constituída en Celanova o 22 de novembro de 2008, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar de San Rosendo. Foi promovida polas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Ourense, sendo os seus padroádegos os correspondentes bispos Luís Quinteiro Fiúza e Manuel Sánchez Monge. Está presidida polo teólogo Segundo Leonardo Pérez López.

Entre os académicos hai teólogos, historiadores, escritores, artistas plásticos e investigadores.[2].

A Academia edita a revista Rudesindus[3].

Ten a súa sede no pazo episcopal de Mondoñedo. Foi inaugurada o 28 de febreiro de 2009, coincidindo co cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro.

Académicos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Delegación para el Año Santo de San Rosendo (27 de maio de 2008). "Decreto de aprobación de la constitución de la Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo" (PDF). Boletín Oficial Obispado de Ourense (BOO) (en castelán). xuño 2008: 844–845. 
  2. "Contitúese a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo", artigo en culturagalega.org, 24 de novembro de 2008.
  3. García, Jesús Manuel (11 de xuño de 2008). "La revista «Rudesindus» nace como portavoz de la Academia de Estudios Rosendianos" ["A revista Rudesindus nace como portavoz da Academia de Estudos Rosendianos"]. La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30/06/2012. Consultado o 04/10/2010.