Arquidiocese católica latina de Pamplona e Tudela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Pamplona e Tudela
Archidiœcesis Pampilonensis et Tudelensis
Escudo
Pamplona - Palacio Arzobispal 5.jpg
Datos xerais
ErixidaSéculo V (diocese)
1956 (elevada)
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

573.386[1] (99,2%)
578.210
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoFrancisco Pérez González
Auxiliar(es)Juan Antonio Aznárez Cobo

A arquidiocese de Pamplona e Tudela (en latín: Archidiœcesis Pampilonensis et Tudelensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, erixida no século V como diocese de Pamplona. En 1956 a diocese de Pamplona foi elevada a arquidiocese, coas dioceses sufragáneas de San Sebastián, Calahorra e Jaca. En 1984 uniuse á diocese de Tudela.

Territorio[editar | editar a fonte]

O territorio da arquidiocese abrangue a comunidade foral de Navarra. A arquidiocese limita coas diocese de Vitoria ao oeste, Baiona ao norte, Jaca ao leste, Tarazona ao sur, Donostia ao noroeste, Calahorra e La Calzada-Logroño ao suroeste, e coa arquidiocese de Zaragoza ao sueste. O territorio da arquidiocese ten unha extensión de 10.421 km², e está organizado en 737 parroquias.

A sé arcebispal é a cidade de Pamplona, onde está a catedral de Santa María da Asunción. En Tudela está a catedral de Santa María.

Notas[editar | editar a fonte]