Antonio Valdés Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Valdés Herrera
Nacemento1578
 Valladolid
Falecemento13 de abril de 1657
 Córdoba
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Valdés Herrera, nado en Valladolid en 1578 e finado en Córdoba o 13 de abril de 1657, foi un bispo castelán que serviu e na diocese de Córdoba (1653–1657), diocese de Osma (1641–1643), diocese de Oviedo (1636–1641), e de diocese de Mondoñedo (1633 e 1636).[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe asturiana, naceu en 1578 en Valladolid. Chegou a ser bispo de Mondoñedo, Oviedo, Osma e Córdoba. O 19 de decembro de 1633 foi presentado por Filipe IV de España para bispo de Mondoñedo, sendo consagrado en Madrid o 18 de marzo de 1634 por Fernando de Valdés y Llano, bispo de Granada. Ocupou a sé mindoniense durante dous anos, e o 23 de xuño de 1636 foi trasladado á de Oviedo, onde sostivo un preito sobre xurisdición co cabido catedralicio. En Oviedo foi tamén reitor da Universidade (1638-1640) e promoveu en 1639 o primeiro certame poético celebrado en Asturias, para conmemorar a proclamación de Santa Baia de Mérida como patroa da cidade.

O 21 de outubro de 1641 foi nomeado bispo de Osma, onde edificou un novo pazo episcopal. O 10 de novembro de 1653 pasou a ocupar a cadeira de Córdoba, e nesta cidade finou rexindo a diocese o 13 de abril de 1657.


Predecesor:
Francisco Villafañe
 Bispo de Mondoñedo 
1633 - 1636
Sucesor:
Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bishop Antonio Valdés Herrera" Catholic-Hierarchy.org. David M. Cheney. Consultado o 17 de setembro de 2016
  2. "Bishop Antonio Valdés Herrera" GCatholic.org. Gabriel Chow. Consultado o 17 de setembro de 2016
  3. "Diocese of Córdoba" Catholic-Hierarchy.org. David M. Cheney. Consultado o 17 de setembro de 2016
  4. "Diocese of Córdoba" GCatholic.org. Gabriel Chow. Consultado o 17 de setembro de 2016
  5. "Diocese of Osma-Soria" Catholic-Hierarchy.org. David M. Cheney. Consultado o 17 de setembro de 2016
  6. "Diocese of Osma-Soria" GCatholic.org. Gabriel Chow. Consultado o 17 de setembro de 2016
  7. "Metropolitan Archdiocese of Oviedo" GCatholic.org. Gabriel Chow. Consultado o 17 de setembro de 2016
  8. "Archdiocese of Oviedo" Catholic-Hierarchy.org. David M. Cheney. Consultado o 17 de setembro de 2016
  9. "Diocese of Mondoñedo-Ferrol" Catholic-Hierarchy.org. David M. Cheney. Consultado o 17 de setembro de 2016
  10. "Diocese of Mondoñedo–Ferrol" GCatholic.org. Gabriel Chow. Consultado o 17 de setembro de 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gran Enciclopedia Asturiana (Xixón, Silverio Cañada, 2003.- ISBN 980-84572-262-1), s.v. «Valdés, Antonio de».