Saltar ao contido

Diocese de Dumio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDiocese de Dumio
Imaxe

Localización
Rexión históricaHispania
Provincia romanaGallaecia Editar o valor en Wikidata
Escindido deBispado de Braga Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación558 Editar o valor en Wikidata
Disolución1114 Editar o valor en Wikidata
Sucedido pordiocese de Modoñedo Editar o valor en Wikidata

Estatua de Martiño de Dumio.

A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.

No ano 558, estando no trono o rei suevo Carriarico, Martiño de Dumio conseguiu que Dume fose elevada á dignidade episcopal, tornando a igrexa en catedral e constituíndo formalmente o bispado de Dumio con dominio directo sobre o territorio dependente do mosteiro.

Coa caída da monarquía visigoda e a invasión musulmá da Península Ibérica, o último prelado acolleuse no norte de Galicia na antiga sé de Britonia, aínda que titularmente permanecesen bispos de Dumio. Coa toma militar das prazas musulmás tempo despois o pequeno territorio da diocese de Dumio foi incorporado na diocese de Braga.

Actualmente, o título de bispo titular de Dumio continúa a ser usado por bispos auxiliares, á semellanza do que sucede con outras dioceses históricas de Portugal extinguidas.

Lista de bispos

[editar | editar a fonte]

Bispos titulares de Dume

[editar | editar a fonte]