Enrique Cal Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Cal Pardo
Nacemento8 de novembro de 1922
Lugar de nacementoGaldo
Falecemento28 de abril de 2016
Lugar de falecementoBurela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote
Na rede
Dialnet: 1458244
editar datos en Wikidata ]

Enrique Cal Pardo, nado o 8 de novembro de 1922[1] en Galdo (Viveiro) e finado en Burela o 28 de abril de 2016[2], foi un escritor e sacerdote[3] católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou inicialmente no Seminario de Mondoñedo e marchou a Santander para obter a licenciatura en Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, que obtivo no ano 1946. Regresou de volta a Mondoñedo, onde foi profesor of Teoloxía no Seminario Maior entre 1946 e 1967, onde ademais ocupou o cargo de reitor entre 1956 e 1958. En 1969 doutórase en Teoloxía, tamén en Comillas, e a partir de 1970 comezou a dar clase de teoloxía no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1992.

Vinculado á catedral de Mondoñedo e ao bispado de Mondoñedo, foi arquiveiro da catedral dende 1953, e deán catedralicio dende 1979, así como vigairo da diocese entre 1958 e 1966, e director diocesano do apostolado da oración, tamén de 1958 ata 1967.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Synodicon Hispanum, Madrid, 1981, obra colectiva a que Cal Pardo contribúe coa transcrición dos sínodos galegos anteriores ao Concilio de Trento.
  • El monasterio de San Miguel de la isla de la Coelleira, Madrid, 1983.
  • El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, A Coruña, 1984.
  • Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990.
  • Vivero en la Edad Media, 1991.
  • Catálogo-regesta de la documentación del siglo XVI del Archivo de la Catedral de Mondoñedo , 1992.
  • Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Catálogo de los documentos del Archivo, Lugo, 1992.
  • Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, 1999, reeditado en 2005.
  • La Catedral de Mondoñedo, 2002.
  • Rehabilitación del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2004
  • Tumbos da Catedral de Mondoñedo, 2005 e 2006, en varios tomos.

Honras[editar | editar a fonte]

A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Bronce de Galicia, en 1997.

Tamén escribiu numerosos artigos e notas sobre o Episcopoloxio Mindoniense, ou sexa, a historia dos bispos da diocese de Mondoñedo, así como sobre a colección musical da catedral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enrique Cal Pardo". estudios históricos. Arquivado dende o orixinal o 20/11/2008. Consultado o 30/4/2016. 
  2. "Galicia e A Mariña perden a Cal Pardo, gran historiador da Igrexa". La Voz de Galicia. Consultado o 30/4/2016. 
  3. "Destacan en Viveiro «as múltiples facianas» de Cal Pardo, abriendo camino a los nuevos investigadores". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-19. Consultado o 2022-01-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]