Manuel Sánchez Monge
Manuel Sánchez Monge | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 18 de abril de 1947 en Fuentes de Nava, provincia de Palencia, España |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 9 de agosto de 1970 |
Consagración episcopal | 23 de xullo de 2005, por Manuel Monteiro de Castro |
Bispo de Santander | |
2015 - | |
Predecesor | Vicente Jiménez Zamora |
Cargos anteriores | Bispo de Mondoñedo-Ferrol (2005 - 2015) |
Outros | |
![]() Escudo de Manuel Sánchez Monge | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Manuel Sánchez Monge, nado en Fuentes de Nava (Palencia) o 18 de abril de 1947, é un bispo católico latino castelán, actual bispo de Santander.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Manuel Sánchez Monge naceu en Fuentes de Nava (Palencia) o 18 de abril de 1947. Comezou os seus estudos eclesiásticos no seminario diocesano, e en 1970 foi ordenado sacerdote da diocese de Palencia, e recibiu varios encargos pastorais na diocese, até 1971.
Posteriormente, continuou cos seus estudos de Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, en Roma, licenciándose en 1974. Á súa volta a Palencia, foi profesor no Instituto Teolóxico, reitor no Seminario Menor, profesor de relixión na escola secundaria e pro-vigairo xeral, entre outros. En 1998 fixo o doutoramento na Gregoriana.
É autor de diversos libros sobre espiritualidade e o matrimonio cristián.
Obra[editar | editar a fonte]
- Antropología y teología del matrimonio y la familia. Sociedad de Educación Atenas. 1987.
- Parábolas como dardos: narraciones provocadoras para matrimonios inquietos. Sociedad de Educación Atenas. 1992.
- Eclesiología: la Iglesia, misterio de comunión y misión. Sociedad de Educación Atenas. 1994.
- "Serán una sola carne...": estudio interdisciplinar sobre el matrimonio y la familia. Sociedad de Educación Atenas. 1996.
- La Iglesia doméstica, sus fundamentos teológicos y su radicación en la Iglesia particular: estudio eclesiológico de la Iglesia doméstica según los Sínodos de los Obispos y el magisterio del Papa Juan Pablo II de 1980 (Sínodo de la familia) a 1994 (Año de la familia). Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1999.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: José Gea Escolano |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol 2005 - 2015 |
Sucesor: Luis Ángel De las Heras Berza |
Predecesor: Vicente Jiménez Zamora |
Bispo de Santander 2015-actualidade |
Sucesor: no cargo |
|
![]() |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |