Diocese católica latina de Alcalá de Henares
Diocese de Alcalá de Henares Dioecesis Complutensis | |
---|---|
Datos xerais | |
Erixida | 23 de xullo de 1991 |
Localización | España |
Sufragánea de | Madrid |
Estatísticas | |
Poboación - Fieis - Total | 686.161 (85) 807.248 |
Parroquias | 92 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Católica Latina |
Ritos | Romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Bispo | Juan Antonio Reig Plà |
Outros datos | |
Páxina web | www.obispadoalcala.org |
A diocese de Alcalá de Henares (en latín: Dioecesis Complutensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Madrid. En 2012 contaba con 686.161 bautizados sobre unha poboación total de 807.248 habitantes. O seu bispo dende 2009 é Juan Antonio Reig Plà.
Territorio[editar | editar a fonte]
A diocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé episcopal é a cidade de Alcalá de Henares, onde está a Catedral dos Santos Xusto e Pastor. O territorio está organizado en 92 parroquias.
Historia[editar | editar a fonte]
A diocese actual foi erixida o 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquidiocese de Madrid, da que pasou a ser sufragánea.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Bispos de Alcalá de Henares
- Manuel Ureña Pastor (23 de xullo de 1991 - 1 de xullo de 1998, nomeado bispo de Cartaxena en España)
- Jesús Esteban Catalá Ibáñez (27 de abril de 1999 - 10 de outubro de 2008, nomeado bispo de Málaga)
- Juan Antonio Reig Plà (7 de marzo de 2009 - actualidade)