Álvaro de Isorna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro de Isorna
Nacemento1370
Lugar de nacementoQuintáns
Falecemento9 de febreiro de 1448
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeCoroa de Castela
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónSacerdote católico de rito romano
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Núñez de Isorna nado en Quintáns (Isorna, Rianxo) en 1370 e finado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1448[1], foi un eclesiástico español, sucesivamente bispo de Mondoñedo,[2] de León,[3] de Cuenca,[4] e arcebispo de Santiago.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de ser ordenado bispo estivo ao servizo do rei Xoán I de Castela, quen o nomeou para educar os seus fillos os infantes Henrique e Fernando,[6] que posteriormente serían reis de Castela e Aragón, respectivamente.

Predecesor:
Lope de Mendoza
Bispo de Mondoñedo
1400 - 1415
Sucesor:
Gil Soutelo
Predecesor:
Alonso de Argüello
Bispo de León
1415 - 1419
Sucesor:
Juan de Villalón
Predecesor:
Diego de Anaya Maldonado
Bispo de Cuenca
1419 - 1445
Sucesor:
Lope de Barrientos
Predecesor:
Lope de Mendoza
Arcebispo de Santiago
1445 - 1448
Sucesor:
Rodrigo de Luna

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villarroel González, Ó.. "Álvaro Núñez de Isorna". Diccionario Biográfico electrónico. 
  2. España Sagrada. Teatro Geográfico-Histórico de la Iglesia de España: vol. 18, páxs. 188 e ss.
  3. Op. cit., vol. 36, páxs. 49 e ss.
  4. Trifón Muñoz y Soliva: Noticias de todos los ilmos. señores obispos que han regido la diócesis de Cuenca, páxs. 139-146.
  5. Juan de Mariana: Historia de España, vol. V, páx. 126 da edición de 1828.
  6. Gil González Dávila: Historia de la vida y hechos del rey don Henrique tercero de Castilla (1638), cap. I.