José Gea Escolano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Gea Escolano
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1929 en Real de Gandía, provincia de Valencia, España
Pasamento6 de febreiro de 2017, (87 anos) Valencia
EstudosDoutor en Teoloxía
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
ProfesiónProfesor de relixión (1955-1959)
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1953
Consagración episcopal8 de maio de 1971, por José María García Lahiguera
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
15 de maio de 1987 - 6 de xuño de 2005
PredecesorMiguel Anxo Araúxo Iglesias
SucesorManuel Sánchez Monge
Cargos anterioresBispo de Eivisa (1976-1987)
Bispo auxiliar de Valencia (1971-1976)
Bispo titular de Aræ in Numidia (1971-1976)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

José Gea Escolano, nado en Real de Gandía o 14 de xuño de 1929[1] e finado en Valencia o 6 de febreiro de 2017[2], foi un eclesiástico católico español que foi bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Seminario Diocesano de Valencia, onde cursou estudos eclesiásticos ata que o 29 de xuño de 1953 recibiu a orde sacerdotal.[1] O arcebispo valenciano designouno inicialmente coadxutor da parroquia de San Xaime de Moncada e en 1959 facíase cargo da parroquia urbana da Nosa Señora de Fátima, en Valencia. Nesa década foi tamén profesor de relixión católica en bacharelato.

En 1957 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Entre 1960 e 1966 foi profesor de Teoloxía moral na arquidiócese de Valencia, e a partir de 1970 de Teoloxía pastoral. En 1967 foi trasladado á parroquia de San Xaime de Moncada e catro anos máis tarde foi nomeado bispo auxiliar de Valencia co título de bispo titular de Aræ in Numidia, o 25 de marzo de 1971.[1] Recibiu a consagración episcopal o 8 de maio[1] de mans do arcebispo José María García Lahiguera. Permaneceu como bispo auxiliar até o 10 de setembro de 1976, cando foi nomeado bispo de Eivisa.[1]

O 15 de maio de 1987 desígnano como bispo de Mondoñedo[3] en substitución de Miguel Anxo Araúxo Iglesias. Durante os anos do seu bispado en Galicia destacou polas súas intervencións polémicas[quen?] nos medios de comunicación, con manifestacións contra a homosexualidade e o aborto. Como bispo, foi membro da Comisión Episcopal de Pastoral, Comisión Episcopal do Clero, Comisión Mixta do Episcopado e presidente de Pastoral do Turismo, dentro da Conferencia Episcopal Española.

Xubilouse en 2005 e marchou de misioneiro ao Perú, onde traballou como auxiliar da parroquia de Santa María da Providencia, na diocese de Carabayllo.

Finou en febreiro de 2017 en Valencia ós 87 anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Los teólogos al servicio del pueblo de Dios. 1982. 
  • Cartas a un misacantano. 1982
  • ¿Sí o no al aborto?. 1983
  • Religiosa, aquí y ahora. 1983
  • Sacerdote, aquí y ahora. 1983
  • Me comprometí con Cristo. Cartas de un obispo a un confirmado. 1984
  • Confirmados y comprometidos. 1985
  • La Confirmación ¿para qué?: 45 respuestas de un obispo a los confirmandos. 1986
  • Fermento en la masa: institutos seculares. 1987
  • Un obispo se confiesa. La historia de un sí. 1987
  • La Oración de la Virgen'. 1988
  • Joven, ¿y tu vocación?'. 1990
  • Pastoral juvenil desde la confirmación. 1990
  • Stop, Cristo en tu camino: reflexiones para jóvenes inquietos. 1990
  • Ser sacerdote en el mundo de hoy y mañana. 1991
  • Cristianos del mañana [Texto impreso] : curso de catequesis de confirmación. 1991
  • Ser sacerdote en el mundo de hoy y de mañana. 1991
  • Soy Jesús, ¿me conoces? : catequesis sobre Jesucristo para los jóvenes. 1991
  • El desafío vocacional de las parábolas: cómo plantear la vocación a los jóvenes de hoy. 1992
  • El hombre, especie no protegida. 1992
  • Iglesia, Gobierno y elecciones: los católicos ante las próximas elecciones. 1992
  • Todavía estamos a tiempo. 1993
  • A grandes retos, grandes testigos'. 1994
  • De tú a tú con Jesús. 1995
  • Sendero hacia Lisieux. 1995
  • Catecismo básico. 1996
  • La oración del cristiano. 1998
  • El catecismo de los catequistas: la fe vivida y transmitida. 1999
  • Historia de la salvación contada a los niños. 2000
  • Catecismo de postcomunión. 2001
  • Catecismo para primera comunión. 2003
  • Jesús, centro de nuestra vida. 2003

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Annuario pontificio (en italiano). Tip. Vaticana. 2004. p. 429. 
  2. Muere monseñor Gea Escolano elprogreso.galiciae.com
  3. Annuario pontificio (en italiano). Tip. Vaticana. 2009. p. 481. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Endre Hamvas
 
Bispo titular de Aræ in Numidia
 
1971 - 1976
Sucesor:
Martino Giusti
Predecesor:
Francisco Planas Muntaner
 
Bispo de Eivisa
 
1976 - 1987
Sucesor:
Manuel Ureña Pastor
Predecesor:
Miguel Anxo Araúxo Iglesias
 
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
 
1987 - 2005
Sucesor:
Manuel Sánchez Monge