Diocese católica latina de Bilbao
Diocese de Bilbao Diœcesis Flaviobrigensis | |
---|---|
![]() Catedral de Bilbao | |
Datos xerais | |
Erixida | 2 de novembro de 1949 pola bula Quo commodius |
Localización | Biscaia, España |
Sufragánea de | Arquidiocese de Burgos |
Estatísticas | |
Poboación - Fieis - Total | 900.000 1 139 012 |
Área | 2.193,17 km2 |
Información | |
Igrexa | Igrexa Católica |
Ritos | Rito romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Bispo | Mario Iceta |
Outros datos | |
Sede central | Bilbao |
Páxina web | www.bizkeliza.org |
A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.
Territorio[editar | editar a fonte]
O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.
Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.
Historia[editar | editar a fonte]
A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.
O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.
Santos e beatos[editar | editar a fonte]
O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.
Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:
- Santa María Josefa Sancho
- Beata María Dolores Rodríguez Sopeña
- Beata Rafaela de Ybarra
- Beato León Inchausti Minteguía
- Beato Domingo Iturrate
- Beata Margarita Maturana
- Beato Francisco Gárate
- Beatas Francisca de Amezua, María Consuelo Cuñado e Feliciana Uribe
A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:
- Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza)
- Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
- Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
- Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
- Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid)
- Mario Iceta (2010 - 2020, nomeado arcebispo de Burgos)
- Joseba Segura (dende o 3 de xullo de 2021)
Nos períodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:
- 1968 - 1971: José María Cirarda
- 1978 - 1979: Juan María Uriarte
- 2010: Mario Iceta
- 2020 - 2021: Joseba Segura
Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:
- Juan María Uriarte (1976 - 1991)
- Carmelo Etxenagusia (1995 - 2008)
- Mario Iceta (2008 - 2010)
- Joseba Segura (2019 - 2021)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Diocese de Bilbao (sitio oficial) (en éuscaro) (en castelán).