Diego de Muros III
Diego de Muros III | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1450 |
Lugar de nacemento | Cee |
Falecemento | 18 de agosto de 1525 |
Lugar de falecemento | Oviedo |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | Sacerdote católico de rito romano e bispo católico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Diego de Muros, nado en Muros e finado o 18 de agosto de 1525, foi un relixioso galego. É coñecido como Diego de Muros III para distinguilo de dous familiares seus do mesmo nome.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1483 ingresa no Colexio Maior Santa Cruz de Valladolid. Tras licenciarse en 1488 en Sagrada Teoloxía pasou a impartir esta disciplina na recentemente fundada Universidade de Sigüenza e a servir como secretario a Pedro González de Mendoza. Trala morte do cardeal Mendoza en 1495 renunciou ao seu posto na Universidade, marchando a residir a Santiago de Compostela, dado que en 1494 fora nomeado deán da catedral. Amais, administraba a imprenta de Valladolid, intervindo na fundación do Estudo Vello de Compostela, construíndo o Hospital dos Reis Católicos e escribindo diversos ensaios de corte humanista.
O 4 de abril de 1505 foi nomeado bispo de Mondoñedo, e o 1 de outubro de 1512 bispo de Oviedo, o que abriu o seu campo de acción política fronte o ascenso ao trono de Castela da Casa de Austria. En 1500 fóralle encomendada unha legación ante o rei de Navarra, e en 1514 estivo a piques de entrar a formar parte do Consello de Indias.
O 21 de setembro de 1521 funda en Salamanca o Colexio Maior do Salvador, máis tarde chamado Colexio Maior de Oviedo en honra da sede que ocupaba o fundador.
Predecesor: Pedro de Munébrega |
Diocese de Mondoñedo 1505-1512 |
Sucesor: Diego Pérez Villamuriel |
Predecesor: Valeriano Ordóñez Villaquirán |
Arquidiocese de Oviedo 1512-1525 |
Sucesor: Francisco Mendoza |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Novalin, J. L.: Don Diego de Muros, Obispo de Canarias, su personalidad humanística y su aportación literaria a las Crónicas Granadinas del 1487 y 1488. Anuario de Estudios Atlánticos, nº 40, 1974, Ed. Patronato de la Casa de Colón. Madrid - Las Palmas de Gran Canaria.