Andrés Aguiar Caamaño
André Aguiar y Caamaño | |
---|---|
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | febreiro de 1728, Cervaña |
Pasamento | 12/11/1816, Mondoñedo |
Bispo de Mondoñedo | |
15 de outubro de 1796 - 1815 | |
Predecesor | Francisco Cuadrillero Mota |
Sucesor | Bartolomé Cienfuegos |
Andrés Aguiar Caamaño, nado en Cervaña (Silleda) en febreiro de 1728 e finado en Mondoñedo o 12 de novembro de 1816, foi un relixioso galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filosofía na Universidade de Santiago e Teoloxía na Universidade de Ávila. En 1755 era director do Colexio de San Clemente, e en 1756 gañou por oposición a mestría da colexiata da Coruña. Despois acadou a praza en Lugo, e en 1776 era chantre da Catedral de Santiago de Compostela, da que foi nomeado deán en 1794. En 1796 foi nomeado bispo de Mondoñedo, cargo que ocupou durante a Guerra de Independencia española.
En 1758 participou nas exequias pola raíña Bárbara de Bragança, esposa de Fernando VI. En 1785 o rei Carlos IV de España nomeouno cabaleiro da Orde de Carlos III.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vidal Neira, Antonio. «Andrés Aguiar y Caamaño Pazos y Fernández Deza (1728-1816)» 30/1/2016, no blog Historia de Deza.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "AGUIAR Y CAAMAÑO, Andrés". Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en español) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 15.
- "Aguiar y Caamaño, André". Entrada na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- García Cortés, Carlos (1999). "Andrés Aguiar Caamaño (1728-1815), obispo de Mondoñedo" en Estudios Mindonienses, ISSN 0213-4357 n.º 15, pp. 637–682.
|