Conversa usuario:Norrin strange/arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Índice

RE: Nomes propios de persoas[editar a fonte]

Boas Norrin strange!! Grazas polo aviso!! A verdade é que non creo que teña nada que poda aportar ao debate, non adoito escribir sobre monarcas, papas, santos... as biografías que fago son de músicos ou como moito deportistas (outras raras veces fago), polo que os nomes se supón que son na forma orixinal. Se fora de títulos de óperas ou ballets opinaría, pero como traballo eu so no tema e as veces que consultei ou propuxen algo a comunidade pasou emprego o meu criterio e punto. De todos xeitos, xa non participo nas políticas, limitome a editar e propoñer, creo que a miña opinión tampouco é moi importante na maioría dos temas. Unha aperta!!! --Piquito (conversa) 7 de marzo de 2014 ás 10:36 (UTC)

No caso de ERC seino por experiencia persoal, lin algúns libros e artigos sobre historia de Galicia durante a II República, e non lembro unha soa vez ver escrito Esquerda Republicana de Cataluña (aínda que admito que a memoria é selectiva), pero iso para o caso non conta, para referenciar hai a opción de uitlizar o Corpus Técnico do Galego [1], aínda que o corpus é reducido, ou calquera base de datos semellante que apareza no futuro ou ben outra fonte acreditada onde indique claramente que en galego se utiliza a forma orixinal, por exemplo no caso de ERC a de criterios do uso de nomes propios do SNL de USC que xa mencionei varias veces, di que Esquerra Rep... é a forma asentada en galego; pero na práctica hai tradición de manter a forma orixinal nos partidos/coalicións, non sei se todos pero cando menos unha parte si, de ámbito lingüístico catalán (ERC, ou hai tradición de Converxencia e Unión?, guste ou non a tradición en galego é manter a forma orixinal) e os vascos e irlandeses que manteñen o nome na súa lingua propia pero é un caso diferente; despois pode haber casos illados.--Sernostri (conversa) 7 de marzo de 2014 ás 15:40 (UTC)

RE:Nomes propios[editar a fonte]

Tentarei participar no debate, mais os meus coñecementos nese eido son limitados. Por certo, mira que che parece a miña última proposta para o aniversario, a ver se hai certo acordo e se pode levar a cabo. Saúdos, Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 17:55 (UTC)

Nomes de artigos[editar a fonte]

Boas! Vin que xa rematáchedes coa política de nomes de persoas. Non participei no debate pois non me vía capacitado para formular as disposicións, mais lino e paréceme correcto. Agora haberá que "atacarlle" a outro dos temas. Eu creo que, como está xa relativamente pensado e para quitalo xa de diante, poderíase continuar cos nomes de infraestruturas e liñas de transporte. Básicamente sería ordear o apartado das vías terrestres (estradas, paseos, rúas, carrís bici) e o xeito de nomear as liñas ferroviarias, aéreas, de autobuses, etc. Pontevedra78·conversa 10 de marzo de 2014 ás 17:19 (UTC)

Modelo:Vía[editar a fonte]

Boas! Necesario non é, mais penso que lle queda ben. Sei que hai diferencia con outros modelos, e eu, non recordo se ao final informei da idea que teño, que é que naqueles modelos nos cales a cor escollida teña importancia, se lle poña un borde groso. Púxenllo tamén aos modelos Estadio e Grupo musical, neste último caso, para cando se defina o parámetro xp. Non vin máis queixa sobre isto que a túa, así que entendín que gustaba en xeral. É algo do que se pode falar no Wikiproxecto. Pontevedra78·conversa 12 de marzo de 2014 ás 14:52 (UTC)

Votar[editar a fonte]

Si, habería que volver votar a política. A que andas? :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de marzo de 2014 ás 15:23 (UTC)

Jakobstad[editar a fonte]

Boas Norrin! Respondo aquí por que non sei se podo facelo no taboleiro dos admin. Estiven mirando no resto das wikis e aínda que o lóxico sería que o nome estivera en finlandés aparecen co nome en sueco. Non sei por que pode ser pero na páxina da cidade a dirección é jakobstad.fi . Penso que sendo a súa cidade o mellor sería deixar o movemento feito e a redirección desde o nome en finlandés. --AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 15:27 (UTC)

Efectivamente, perdón, seguín a ligazón desde o artigo inglés e aparecía esa. Outra opción, vendo que eles empregan as dúas versións na web sería mover a páxina a Jakobstad-Pietarsaari--AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 15:36 (UTC)
Home pois vendo a web e as outras wiki (aínda que a wiki non sexa fonte primaria) parece que está máis estendido o nome de Jakobstad.--AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 15:41 (UTC)


Interveño aquí co que dixen na páxina de conversa. Esta cidade non ten nome galego, e cando chegamos ao nome local, ten dous distintos (non un unido por un trazo). Polo tanto hai que respectar o criterio do primeiro editor, tendo en conta que as dúas formas son perfectamente válidas. É dicir, que se alguén falando de xeografía de Finlandia emprega Jakobstad está tan ben como se emprega Petarsaari. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de marzo de 2014 ás 15:42 (UTC)

Boas! Vendo que hai un pouco de lío con este tema expuxen a explicación (se cadra me liei algo) na Conversa:Pietarsaari. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 22:16 (UTC)

Categorías de cine[editar a fonte]

Abofé que si: eu incluso diría "O cine en 1948", ou "Ano cinematográfico de 1948", ou algo de linguaxe máis natural. Ou "1948 no cine", aínda que pode ser ambigua, ou quizais non. E podería ser unha boa estrutura para "1948 no deporte" ou "1948 na literatura".--Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2014 ás 08:45 (UTC)

Wikipedia:Transliteracións[editar a fonte]

Norrin, engadín /*Serbio*/ á lista de cirílico. Non me decatara de que tiñas posto o marcador de uso, síntoo se che causei un conflito de edición. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 11:51 (UTC)

árabe[editar a fonte]

Para a transliteración e transcrición, esta última é o que nos interesa para darlle título aos artigos, do alfabeto da lingua árabe creo que hai que asumir algunha das propostas que xa hai, penso concretamente que debemos optar pola formulada por Víctor Fresco, que xa tivo en conta as propostas anteriores, vou ir facéndoo en Usuario:Sernostri/árabe --Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 15:45 (UTC)

Saraxevo[editar a fonte]

Boas, deixei un comentario en Conversa:Saraievo con referencias para Saraxevo. Cómpre mover a páxina a Saraxevo.--AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:02 (UTC)

Pois xa o fago eu. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:23 (UTC)
Xa está movido, agora hai que mudar as ligazóns desde Saraievo. Por certo, grazas polo apoio na votación a admin! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:29 (UTC)
Se puideras axudarme cos cambios, eu comecei polos que aparecen ao comezo en Páxinas que ligan con "Saraievo", se queres ti podes ir facendo os de abaixo para non ter conflitos de edición. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:34 (UTC)

Revisión[editar a fonte]

Boas Norrin! Engadín as festividades ao artigo de Nova Zelandia, hai dous días relacionados coa Semana Santa que non sei a qué días se corresponden (están tomados da wiki en inglés e polo tanto en inglés), eu non sei sobre relixión católica. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 23:56 (UTC)

Feito! Feito!--AMPERIO (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:31 (UTC)

Uniformes e traxes relixiosos[editar a fonte]

Quixera pedirche un favor, sei que os traxes relixiosos e os hábitos non se consideran uniformes, aínda que cumpren unha función en parte semellante pero me pregunto se coñeces bibliografía para engadir ao artigo que estou facendo,uniforme que diga claramente que non son uniformes, nalgunhas wikipedia falan de uniformes relixiosos como se tal cousa, e revisando libros sobre uniformes en ningún fala para nada dos relixiosos pero para evitar calquera tipo de discusión quixera algunha referencia que o deixase claro tallantemente.--Sernostri (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 15:28 (UTC)

RE:Hawai[editar a fonte]

Grazas pola corrección! Pensei que o estaba a facer ben. Saúdos, Pontevedra78 conversa 18 de marzo de 2014 ás 18:39 (UTC)

Marcadores de bandeira[editar a fonte]

Vexo que estás a traballar nun artigo sobre as linguas dos países. Aquí tes todos os modelos de bandeiras que temos Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe (xa que vexo que algúns non te saen). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 15:24 (UTC)

O oficio de Xosé de Nazaret[editar a fonte]

Estaba lendo o artigo Xosé de Nazaret e estrañoume ver o cómpre referencia en carpinteiro como oficio, segundo o historial puxéchesllo ti en agosto de 2013, eu tiña entendido que segundo a Biblia era un tekton, palabra grega que aínda que designa a un artesán que traballaba con materiais tamén moi diferentes o que entendemos que fai un carpinteiro, xeralmente a súa tradución é carpinteiro, e así aparece por exemplo na tradución galega da Biblia. Non sei se concordarás pero o correcto sería dicir no artigo que era un artesán pero que tradicionalmente aparecía como carpinteiro na tradución dos textos bíblicos, sempre que sexa iso o que digan referencias de obras acreditadas, pero diso seguro que sabes máis ti ca min.--Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 21:16 (UTC)

Míconos[editar a fonte]

Ben, cando se fala de romanizacións e de transliteracións o problema creo que me excede. No seu momento guieime por fontes, por intuición e por contexto doutras linguas próximas, pero non sei cando fixen qué. Síntoo. O tema resúltame algo bastante complexo. Non habendo un criterio aprobado sobre transliteracións alleo a nós, temos que ser moi necesariamente primeira fonte en moitos casos. Para min, dicir que en galego (porque á transliteración dos alfabetos hai que sumarlle o problema da localización das formas, e o galego non ten o mesmo nome para as cidades gregas có francés), hai que escribir esa illa como Mykonos, porque ese 'y' representa ese ü, é estraño. Cando tentamos reproducir ese son facémolo normalmente cun ü, que en galego non se le doutra forma, mentres que se vén do grego empregamos o -y-, unha letra que en principio non existe no alfabeto galego, e que, cando existe, se pronuncia como unha semiconsoante -j- ou j-, pero non como ü. Ora ben, tamén temos un trazo que borramos, que é o da tonicidade, porque nin representando con ü, nin representando con y, podemos marcarlle o til de esdruxulidade. Entón, entre todas as solucións imperfectas: Míconos, Myconos, Mykonos, Müconos... non sei por que decidirme... e sempre coa salvidade de que se alguén, nalgures, escribe Míconos, como quizais xa pasase, temos que mudar nós o noso criterio. Creo que Sobreira pode botar moita máis luz sobre este proceso e corrixirme amplamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de marzo de 2014 ás 10:34 (UTC)

Ola, Norrin. Estaba confundindo termos e revoltillando as cousas todas. O que vin da política de transliteracións paréceme fantástico e perfecto, e non teño máis que dicir. Se eu quero dicir como se pronunciaría Mykonos, engadireino (Míconos), pero ata que haxa unha fonte/referencia que en galego escriba Míconos ou Miconos, Mykonos quedará, e moi ben quedado. Moitas grazas polo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2014 ás 09:39 (UTC)

Vexo que me mencionas XCid. Outra opción é non transliterar nós, que xa o fixeron os romanos. De feito, moitas veces axuda moito ver o que fan outras linguas para contextualizarnos. Dado que en latín tiveron que crear Myconos (FR: Myconos; non sei a que cona ven manter o k en castelán, estes son parvos; e os italianos incongruentes, o artigo é Mìk, pero no artigo comezan "en italiano Mìcono", coa súa habitual aversión ó s final; e o PT como referencia principal: Míconos), pero nós non temos y como propio como en francés, teremos que adaptar o y>i e k>c. Manter o y sería anglicismo. Máis tendo en conta que é un topónimo coñecido (outro tema sería unha aldea perdida da Fócida). A tónica é outra cuestión. Semella que italiano e portugués van pola esdrúxula do grego, e por algo será, aínda que para min é a primeira vez que o escoito. Por certo, sempre está aquel Atlas avalado pola RAG, non sei onde o teño. ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de marzo de 2014 ás 10:41 (UTC)

Non pretendo dicir como é, só como debería ser. Se hai fonte primaria, pois iso. Pero por se non a hai, falaba a da tradición na transliteración e dos criterios que hai, coincidan ou non cos meus, que nin o teño claro. A ver se dou buscado no Atlas na casa. ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de marzo de 2014 ás 13:03 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Boas Norrin! Importaríache crear o artigo Relixión en Nova Zelandia? Estou tentando crear os artigos principais do artigo, e dado que ti sabes de relixión, creo que mellor que o fagas ti. Graciñas!! Piquito (conversa) 22 de marzo de 2014 ás 23:59 (UTC)

Aeroporto[editar a fonte]

É o nome do aeroporto e como tal aparece así no resto de wikipedias. Ademais, penso que tampouco se fai ningún mal engadindo o nome completo ao ser en certo modo unha empresa. --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 16:26 (UTC)

Sexa entón. --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 16:32 (UTC)

Grívnia[editar a fonte]

Ola, prezado Norrin, á referencia ás NOMIG, é suficiente para xustificar grivnia? Para acollerme ao criterio de "coeherencia interna" foi polo que cambiei o acento do primeiro i para o segundo. --XoioÉche o que hai 24 de marzo de 2014 ás 16:31 (UTC)

Andijon[editar a fonte]

Ola, Norrin. Move se queres o artigo sobre a cidade usbeca; eu procurei arranxar redireccións e dar coherencia aos títulos dos artigos, pero non teño nin idea sobre o topónimo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2014 ás 11:43 (UTC)

Se non existe o topónimo en galego non habería que borrar Andizhan? --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 12:16 (UTC)
O mesmo para o artigo da provincia de Andizhan, habería que cambiar o nome. --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 12:17 (UTC)
Ah vale, pensaba que era unha forma inventada. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 12:21 (UTC)

Modelo:Infobox Eurovision[editar a fonte]

Boas Norrin! Creei o Modelo:Infobox Eurovision para engadir nos artigos sobre o Festival de Eurovisión. Poderías botarlle unha ollada para ver se podes solucionar o erro que fai que aparezan dúas filas coas ligazóns as edicións anteriores e seguintes, en xeral isto non é problema posto que as ligazóns están ben, pero queda un pouco feo e no caso do Festival de Eurovisión 1956 crea unha ligazón cara o inexistente Festival de Eurovisión 1955. Xa llo dixen a Usuario:Toliño mais leva xa unhas semanas sen editar, se podes facer ti algo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 23:37 (UTC)

Gracias polo arranxo. Con respecto ao que dis das ligazóns vermellas está claro que son boas, pero neste caso redirixen cara un artigo que non pode ser creado posto que a primeira edición do Festival foi en 1956, de modo que é inútil a ligazón en vermello. Por iso o dicía, nos artigos das edicións posteriores evidentemente si que cumpren coa súa función estas ligazóns. Un saúdo e gracias de novo! --AMPERIO (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 14:50 (UTC)

Madrid-Barajas[editar a fonte]

Boas Norrin! Deixei un comentario na Conversa Wikipedia:Nomes de infraestruturas#Madrid-Barajas. Gustaríame coñecer a túa opinión ao respecto, posto que se mal non me lembro discordabas co movemento do artigo do aeroporto. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 09:32 (UTC)

Eu tamén, máis non vou seguir co tema... --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 10:10 (UTC)
Desculpa se fun brusco nas respostas, non o pretendía. Tan so quería deixar pechado o tema do nome. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 10:16 (UTC)

Relixión de Nova Zelandia[editar a fonte]

Boas, engadín no artigo Demografía de Nova Zelandia un apartado de relixión ao igual que fan no resto de wikis. Engadín unha táboa cos datos do censo de 2013 en Nova Zelandia e tratei de traducir os que me soaban. Se podes, e tes tempo, revísao a ver se temos algún pero con outro nome.--AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 16:34 (UTC)

PS:Fixen unha redirección desde Relixión en Nova Zelandia cara o artigo da demografía. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 16:34 (UTC)

Conversa usuario:Norrin strange#Míconos[editar a fonte]

Up there. ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de marzo de 2014 ás 13:01 (UTC)

Votos[editar a fonte]

Xa esta riscado o voto de Harpagornis. Grazas polo aviso. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2014 ás 15:14 (UTC)

Re:Formas dobres[editar a fonte]

Xa xa, estaba mudando as ligazóns cando me escribiches. Normalmente borro antes a forma dobre se vexo que hai poucos artigos que redirixan cara ela. Se lembras cando fixen o dos modelos dos países mudei primeiro as ligazóns e logo eliminei a forma errónea. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2014 ás 15:33 (UTC)

Xa está feito. Porén, penso que tal vez esteamos caendo con isto no mesmo erro que cometen na wikipedia en castelán (e que tanto nos molesta)... ao poñer nos en galego os topónimos que orixinalmente son en castelán. --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:12 (UTC)
Bueno... de todas formas penso que habería que deixar unha redirección na forma orixinal--AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:28 (UTC)

Outra cousa, en polo menos 50 artigos hai unha redirección a Irlanda desde a súa forma irlandesa Éire. Penso que isto é un erro, non por que non sexa válida, senón por que en Galicia ninguén chama Éire a Irlanda (salvo, claro está, que sexa un falante asiduo do gaélico na súa casa). Non cres que debería mudarse? É unha cousa de sentido común.--AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:35 (UTC)

Si si, xa quedou claro con Pietarsaari que era o criterio do primeiro editor. Póñome a mudar as lig internas de Éire, que xa quedan poucas. --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:48 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Norrin strange/arquivo 4!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Gracias, --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:15 (UTC)

Galipedia[editar a fonte]

Ola Norrin. Rógoche que repares no meu comentario tras o teu voto en Autoproposta para que User:Lmbuga sexa administrador de Wikibooks. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  3 de abril de 2014 ás 00:40 (UTC)

Nova Zelandia[editar a fonte]

Boas, como é que estabas de acordo para que Nova Zelandia fora artigo de calidade e non para que sexa destacado? Confío en que non sexa unha forma de discordar, en certo modo, con certos comentarios xurdidos nas últimas horas. Se é así pídoche que o reconsideres e non te sentas atacado polos comentarios da taberna. Estamos para facer comunidade e mellorar a Galipedia non para pelexar entre nos. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 12:16 (UTC)

A proposta é para xullo ou agosto. Respondín na conversa do artigo. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:17 (UTC)
Sen problema :) --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 14:08 (UTC)

Partidos[editar a fonte]

Estou a traducir o artigo de Narendra Modi e atópome con que non sei que nome dar ao seu partido o en:Bharatiya Janata Party, polo de agora deixeino como Partido Bharatiya Janata, pero non sei se traducilo totalmente como o "Partido do Pobo Indio", "Partido Popular da India", como o ves?.--Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 14:39 (UTC)

Pero iso vai máis alá das políticas, se hai decisión de traducir sempre haberá casos que estean no límite, este é un caso onde non hai unanimidade nas linguas do noso contorno, a non ser o inglés xa que na India é un nome oficial do partido no resto das linguas unhas veces tradúcese, así en francés Parti du peuple indien [2] , outras hai inconsistencias [3] e outras non se traduce [4]. No resto de linguas o mesmo, e é difícil saber que o habitual en obras de referencia, máis alá da prensa dun momento concreto, xa que pode suceder que con motivo dunhas eleccións p.ex. un correspondente utilice unha forma e o resto do ano desde a redacción central utilicen outra.--Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 14:54 (UTC)

Movementos[editar a fonte]

Xa están feitos os movementos que pedías no taboleiro dos administradores. Se atopas máis non dubides en dicilo. --AMPERIO (conversa) 4 de abril de 2014 ás 11:15 (UTC)

Normas[editar a fonte]

Ben, pois non sei qué dicir. O caso é que o fixemos mal (ou o fixen mal), porque non só os de Cáceres: todo ese parágrafo é eliminable. A información xa está contida onde pon Toponimia de España. O malo é que é contraditoria, e cando falamos de toponimia de España dámoslle prioridade ao galego, pero onde se fala galego, non. :). Eu creo que optaría por unha votación "soft", é dicir, preguntar se estamos de acordo en corrixir ese erro na Norma, e ir adiante. Se non estamos de acordo, on queda outra máis que facer unha nova votación de norma. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de abril de 2014 ás 11:57 (UTC)

Títulos de obras de música clásica[editar a fonte]

Ola, Norrin; creo que para este caso concreto o mellor vai ser que llo comentes a Piquito e decidades onde é mellor desenvolver o tema; Ao ser unha política en proceso de consenso, pode traballarse na subpáxina de usuario, pero se o credes oportuno pódese mover o texto de novo desde Usuario:Piquito/Títulos de obras de música clásica, dado que se mantén o historial. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de abril de 2014 ás 10:25 (UTC)

Sobre o borrado[editar a fonte]

Boas Norrin! Vin o teu comentario na conversa de Estevoaei. Pedinlle que o borrara porque trasladei a páxina a unha subpáxina persoal porque non teño tempo nin folgos para desenvolver a política. Polo tanto a información non se perde, queda para cando crea que poda prestarlle atención ao tema. Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de abril de 2014 ás 10:25 (UTC)

Ola outra vez. A verdade é que cando trasladei o borrador da política á páxina persoal non pensei que puidera haber alguén interesado en traballar na política. Creo que sobra dicir que se queres traballar ti na política adiante, es libre de coller o que xa fixen ou de facer ti unha nova dende 0. Non considerei tampouco importante facela porque non hai case usuarios que traballen neste tema, e polo tanto non hai disparidade de criterios... reitero que se queres traballar nela e propoñela adiante. Un saúdo, --Piquito (conversa) 9 de abril de 2014 ás 13:41 (UTC)

Boas Norrin! Non é "tirantez", nin o interpreto así. O que pasa é que agora mesmo penso que hai outras prioridades no eido da música clásica que facer unha política ao respecto. O certo é que teño moito traballo pendente, se entras na miña páxina de usuario podes ver todos os artigos que teño pendente ampliar, e algúns como o de Jean Sibelius ou o da ópera hai tempo que quero rematalos... se a eso lle sumas que teño varios artigos con algún tipo de marcador (creo que 6 ou 7), o volume de traballo é considerable, máis aínda se quero facer artigos completos. Polo tanto non podo poñerme a facer unha política que ademais penso que, no punto no que está a Galipedia e sabendo que non é un tema de especial relevancia na nosa wiki, non é en absoluto prioritaria. Entendo que as políticas que estas a desenvolver como a dos nomes ou as transliteracións son necesarias, mais unha política sobre un tema que case non ten editores (ou mesmo que eu son o único editor do tema) non é necesaria... ogallá algún día haxa moitos editores para todas as temáticas e precisemos políticas para todo, mais a día de hoxe coa música clásica esto non pasa, e dado o volume de traballo pendente que teño, decidín abandonar (sen comillas) porque non podo asumir máis traballo do que podo facer e optei polo que vexo máis prioritario. Se o consideras oportuno podes presentala para votación ou retocala, eso sí, se a presentas gustaríame que me avisaras para que poda manifestar a miña opinión e voto, xa que é un tema que a min me repercute directamente. Un saúdo! Piquito (conversa) 10 de abril de 2014 ás 10:20 (UTC)

RE:Símbolos[editar a fonte]

Haberá que revisar os escudos, como tantas outras cousas :), pero o que eu penso é que na caixa do concello non pode aparecer un escudo que non sexa oficial ou que non sexa usado de forma oficiosa e ampla polo propio concello, como o da Coruña que mencionas. Por outra banda tódolos artigos de concellos deberían ter unha sección de símbolos no que se indicara a composición do seu escudo e bandeira oficiais, en caso de telos, e os históricos de habelos. Con propostas de escudos e bandeiras xa non estou tan seguro, propostas pode haber centos e se non teñen "entidade" e referencias abondas está claro que tampouco deberían aparecer. No caso do escudo de Salvaterra, supoño que podería aparecer nesa sección indicando claramente que non é oficial e que é unha proposta, a referencia da páxina da Deputación penso que é abondo. O problema está en se fiarse da descrición ou da imaxe que aparece na páxina... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2014 ás 10:54 (UTC)

Tes razón, entón o ficheiro que temos segue o brasón e podería ir nesa sección de símbolos indicando que é unha proposta. Como fun eu o que o quitei da caixa xa me encargo eu de facer esa sección. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2014 ás 13:29 (UTC)
Acabo de revisar o escudo de Salvaterra na páxina da Deputación e agora decateime da nota que pon que a proposta non segue as normas heráldicas da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, polo tanto non me parece demasiado axeitado poñer no artigo un escudo que moi probablemente non será aprobado. Se fose unha proposta do propio concello e que estivese axeitada ás normas da Comisión non habería problema, pero neste caso paréceme que non é unha proposta relevante porque non será aprobada. Fixen outros cambios no artigo para organizar as seccións segundo o modelo pero polo momento iso non llo vou a engadir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2014 ás 13:25 (UTC)

RE: Equipos de fútbol[editar a fonte]

É unha leria que sempre acaba aparecendo, o tema dos nomes. Eu penso que debe manterse o nome oficial, ousexa Sporting de Gijón e Getafe CF, mais no tema dos clubs galegos, sobre todo o Dépor, manter a forma Deportivo da Coruña. Creo que os nomes completos (exemplo Real Club Deportivo, Real Sporting de Gijón... ) non son tan relevantes, para min persoalmente é máis cómodo a forma "curta". De cara ao tema da terminación Fútbol Club, Football Club, F.C. ou FC, creo que depende da liga ou do editor do artigo, simplemente. Por certo, mirando a túa proposta, lembrarte que "Clube" é unha forma non aceptada polo diccionario da RAG. Unha apertiña!! Krisko (conversa) 9 de abril de 2014 ás 11:45 (UTC)

Tes razón... Eu o digo porque o de Deportivo de "LA" Coruña é demasiado "jebi". Fai chorar ao Neno Jesús... jajaja. Krisko (conversa) 9 de abril de 2014 ás 12:30 (UTC)

Gueldria[editar a fonte]

Boas! A verdade que non me lembro moi ben, pero creo que fixera o artigo a partir do nome que viña no artigo propio dos Países Baixos, a verdade nin me parara a pensar niso, daquelas eran os meus primeiros tempos na wiki e non estaba moi posto no tema de topónimos e demais. Opto por cambiar a Gelderland. Pode ser o mesmo caso noutras provincias neerlandesas (Brabante, Limburgo e Groninga). Saúdos!--Adorian (conversa) 11 de abril de 2014 ás 12:34 (UTC)

Moi bo traballo! Grazas :)--Adorian (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:56 (UTC)

Reiquiavik[editar a fonte]

Ola, Norrin; como vin que o modelo:Cidades de Islandia ligaba cara a Reikjavík, pensei que era esa a forma en islandés, non me fixara en que era Reykjavík; agora poreime a corrixir as redireccións desde Reikiavik e Reikjavík. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de abril de 2014 ás 13:23 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Cidades da Biblia[editar a fonte]

Boas Norrin, estou a reeditar o artigo Xesús de Nazaret. Sabes se na Biblia en galego aparecen referencias para Qana/Caná?--AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:47 (UTC)

Graciñas. Dicía o da Biblia porque ao non ter o artigo e non coñecer o xentilicio foi a fonte máis rápida que se me ocorreu. --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:52 (UTC)

País Vasco[editar a fonte]

Perdoa! Non me decatara de que estaba a mover o da rexión e non o da Comunidade Autónoma. Xa está amañado! --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 11:29 (UTC)

Xa tes feitos os movementos. Avisa se ahi que borrar algunha páxina e lembra mudar as ligazóns. --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 14:56 (UTC)

Lingua[editar a fonte]

Pois non che sei. O arameo era unha das catro linguas que se falaba naquela zona por aquel entón. En Xesucristo - 50 preguntas non di explicitamente que lingua falaba, mais da algún argumento sobre o arameo.

Se estás interesado no tema recoméndote que leas o libro que está bastante ben. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de abril de 2014 ás 15:26 (UTC)

Por certo a ligazón redirixe cara a páxina do Opus Dei porque o libro foi editado por profesores da Universidade de Navarra. --AMPERIO (conversa) 16 de abril de 2014 ás 15:32 (UTC)
Perdoa non entendín ben o que me estabas a preguntar e din por feito que era sobre o arameo. Refíreste ao latín? Remítome á mesma referencia de antes, outras non teño aparte das que saen no artigo. --AMPERIO (conversa) 16 de abril de 2014 ás 15:58 (UTC)

Apóstolos e evanxelistas[editar a fonte]

Boas Norrin, vin o teu comentario na conversa de Pedro, papa e lembrei que cando estiven refacendo o artigo de Xesús de Nazaret foi un pouco lío dar cos apóstolos e os evanxelistas. Tal vez habería que darlles un formato único a todas estas páxinas. Ti que pensas?--AMPERIO (conversa) 24 de abril de 2014 ás 10:45 (UTC)

RE:Toponimia eonaviega[editar a fonte]

Moitas grazas polo documento, é moi interesante, o que pasa é que non sei se o entendo ben. O documento, é sobre o eonaviego? Lin bastantes páxinas e salvo algúns títulos que parace que están en castelán para min que está en galego normativo, eso si, non o lin todo. Segundo ese documento en ¿eonaviego? o concello é Coaña, igual que o que atopei no documento da UDC, co cal o artigo hai que movelo e amañar un pouco a cabeceira porque di que en eonaviego é Cuaña. Pero ese documento, se é referencia para o eonaviego, non me vale para referenciar o nome dos topónimos en galego (por exemplo, nese documento pon El Franco e no documento da UDC pon O Franco, Asturias), váleme para engadir o topónimo en eonaviego e poñer referencias pero non para amañar o nome dos artigos..., non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2014 ás 11:37 (UTC)

Vale, máis ou menos era o que eu pensaba pero máis ordenado :) Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2014 ás 12:34 (UTC)
Norrin, eu non estou de acordo, por coherencia coa esixencia de non castelanizar topónimos galegos, pero acato a política. Sed lex, dura lex. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de abril de 2014 ás 17:44 (UTC)

Topónimos problemáticos[editar a fonte]

Boas Norrin, xa que tes unha lista de topónimos problemáticos e atopaches as referencias para nomealos deberías poñerllas a todos para que os que miren os artigos saiban de onde veñen. Coméntocho, por exemplo, porque nos artigos de Norte e Paso de Calais non a tiñan. Moitas grazas de antebrazo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2014 ás 09:23 (UTC)

Vale, era por se se che esqueceran. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2014 ás 10:01 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Boas tardes. Hai unha redirecciòn que deberías revisar: dis que a Categoría:Compositores británicos hai que substituíla pola de Categoría:Compositores do Reino Unido. Como nunca entendín ben a diferenza entre Inglaterra e Reino Unido, salvo que aquela é a parte e este o todo, deberías confirmarme que compositores queres que leve a Inglaterra, ao Reino Unido ou onde me digas. Hai un, Albert Coates que xa o movín ó Reino Unido antes de darme conta deste problema. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 27 de abril de 2014 ás 18:10 (UTC)

Vale (non sei como non me din conta). Entón teremos unha única categoría (compositores do Reino Unido) onde vaian os 10 que temos agora mesmo (9 británicos e 1 do RU -e que tamén era "británico"). Supoño que o feito de ter só 10 compositores é un problema de falta de categorización en moitísima xente (temos a Ringo, pero non a John, Paul nin George, nin tampouco a Jagger ou Richards), pero esa é outra historia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2014 ás 18:10 (UTC)

Re:Decatur[editar a fonte]

Grazas polo cambio, pero esqueciches mudar un por unha e situado por situada. --AMPERIO (conversa) 29 de abril de 2014 ás 10:30 (UTC) --Sernostri (conversa) 13 de maio de 2014 ás 14:11 (UTC)== País Vasco == O problema que lle vexo é que en realidade o concepto de País Vasco equivalente ao de Euskal Herria é máis un concepto político, cultural e parcialmente lingüístico máis que histórico. Evidentemente existiu unha rexión histórica onde vivían os vascos pero mesmo na Idade Media era máis ampla que o conxunto de Navarra, CAV e Iparralde o que hoxe se entende por Euskal Herria ou País Vasco (no sentido amplo). Historicamente parte da Rioxa formaría parte da rexión histórica do País Vasco pero non de Euskal Herria[5]. Quizais estea confundido pero podería crear confusión.--Sernostri (conversa) 13 de maio de 2014 ás 14:05 (UTC)

Supoño que todo dependerá logo de como se faga o artigo para evitar confusión, aínda que non me gustan nada as parénteses é máis importante chegar a consensos que se enrocar nunha posición polo que vou mudar o meu voto.--Sernostri (conversa) 13 de maio de 2014 ás 14:11 (UTC)

Teófilo[editar a fonte]

Ola, Norrin; fixen o movemento, pero deixei a palabra emperador en minúscula seguindo o criterio de WP:NPP con Focio I, patriarca de Constantinopla e Bieito XVI, papa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de maio de 2014 ás 09:16 (UTC)

RE:Movemento[editar a fonte]

Feito! Feito!. Agora toca mover as ligazóns cara a páxina. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de maio de 2014 ás 13:49 (UTC)

Xa mudei eu algúns, pero da máis traballo do que parecía xa que en moitas ocasións o artigo refírese á Comunidade Autónoma como Euskal Herria. Se tes algo de tempo, trata de facelo ti, xa que eu non podo adicarlle moito tempo agora mesmo.--AMPERIO (conversa) 18 de maio de 2014 ás 14:07 (UTC)

Ribatexo - Ribatejo[editar a fonte]

Sabes cal é o topónimo que vale? Non sei se hai referencias en galego para Ribatexo. --AMPERIO (conversa) 19 de maio de 2014 ás 09:27 (UTC)

Perfecto, grazas! --AMPERIO (conversa) 19 de maio de 2014 ás 09:56 (UTC)

Cancións[editar a fonte]

O que se me acaba de ocorrer, que pode ser unha solución é poñer Cancións de Tal en Eurovisión. Que pensas?--AMPERIO (conversa) 20 de maio de 2014 ás 14:40 (UTC)

movementos[editar a fonte]

Ola, Norrin; creo que o dos volvodatos quedou revertido; cumpriría facer unha revisión a fondo de todos os artigos de divisións de Polonia. Respecto ao de Estella-Lizarra, vouno mover a Lizarra se é que a Diciopedia emprega esa forma. Podes engadilo como referencia? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de maio de 2014 ás 10:35 (UTC)

Ola! Movín o artigo sobre a provincia a voivodato de Opole e deixei oco para a cidade. Corrixín as ligazóns no modelo sobre os voivodatos, mais non o resto, que agora ando a pelexar co topónimo São Paulo e non debería embarullarme máis. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de maio de 2014 ás 09:38 (UTC)

Altos do Seine‎[editar a fonte]

Norrin, antes de marcar como lixo unha páxina asegúrate de que non hai ligazóns desde outras páxinas cara esta. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2014 ás 08:52 (UTC)

Debiches esquecer. Mira aquí. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2014 ás 08:55 (UTC)

Formas asentadas[editar a fonte]

En Wikipedia:Transliteracións cumpriría poñer que non se debe empregar sistema de transliteración ningún para todas aquelas formas que xa están asentadas en galego, é algo que xa se dá por suposto pero era bo poñelo especificamente.--Sernostri (conversa) 26 de maio de 2014 ás 15:26 (UTC)

Coreano[editar a fonte]

Non sei que sistema tes pensado para o coreano, eu fixen o artigo Bak Won-sun utilizando a Romanización revisada do coreano, oficial na Corea do Sur (pero non na Corea do Norte), pero o caso é que para os nomes de familia coreanos (que están perfectamente codificados, son arredor de 250) non se aplica oficialmente ese sistema, aplícase o McCune–Reischauer, polo que no caso que elixas a romanización revisada haberá que facer unha excepción cos nomes de familia (apelidos) pero non cos nomes de pía, onde si se aplica e así p. ex. no caso do artigo quedaría en Park Won-sun mentres que no McCune-Reischauer sería Park Won-soon.--Sernostri (conversa) 26 de maio de 2014 ás 18:30 (UTC)

solicitude[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai?

Quería pedirche un artigo: podes crear o da arquidiocese católica latina de Tánxer? O outro día traducín o artigo de José Antonio Peteiro Freire e mirei que foron varios os galegos nomeados arcebispos de Tánxer, polo que sería interesante termos ese artigo en lingua galega. Aquí podes ver as diferentes linguas en que xa existe o artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de maio de 2014 ás 09:25 (UTC)

Ola, Norrin! Moi interesante a historia da arquidiocese! Vou ver se amplío o artigo coa inclusión da lista de arcebispos. Anoto como artigos pendentes para o futuro o propio de arquidiocese e mais o de orde de San Francisco, que tamén aparece en vermello nuns cantos artigos.
Doutra banda, quería felicitarche con respecto á redacción das normas de transliteración. Nesta fin de semana lereina de vagar e consultarei as ligazóns externas para poñerme ao día. Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de maio de 2014 ás 07:37 (UTC)

Transliteracións[editar a fonte]

Engadín o coreano; hai que mudar clube a club que é a forma normativa en galego, e creo que sería necesario engadir que de se aprobar a política non implica que quen faga un artigo teña que coñecer os sistemas de transliteración, xa que podería ir en contra da propia Galipedia no sentido de que pode botar á xente para atrás á hora de crear un artigo sobre persoas ou territorios que nativamente teñan escritas diferentes á latina, simplemente o que implica é que se o sistema de transcrición non é un dos aprobados calquera poderá mudalo para o correcto, e así homoxeneizar os artigos.--Sernostri (conversa) 27 de maio de 2014 ás 14:33 (UTC)

Estiven mirando en diversas páxinas máis polo miúdo o da transliteración dos nomes coreanos e parece é polo de agora é bastante caótica (os nomes de pía parece que cada quen os translitera como lle peta, os nomes de familia hai algúns que practicamente nunca se emprega a romanización revisada (Park, Lee ou Kim), outros nos que se mestura e outros nos que a romanización revisada si que se utiliza moito, a norma o que di é literalmente "Romanization of family names will be determined separately" e parece que é algo aínda pendente (a non ser que aparecese algo moi recentemente), polo que creo que o texto tal como está aogra é a mellor opción; agora queda que facer cos topónimos e nomes de Corea do Norte: seguimos o esquema xeral ou segundo o sistema oficial nese país, penso que sería mellor para todos o mesmo, e para os nomes coñecidos (os queridos líderes e presidente eterno como di a propaganda oficial) pois non fai falta transliteración xa que as formas que se usan agora xa están asentadas en galego, p.ex [6]--Sernostri (conversa) 27 de maio de 2014 ás 15:16 (UTC)

Re:Votación transliteracións[editar a fonte]

Cando teña algo máis de tempo lereina detidamente para poder votar con criterio. Grazas polo aviso! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2014 ás 15:20 (UTC)

Modelo:Libro[editar a fonte]

Ola, Norrin; Vin que fixeches modificacións no Modelo:Libro; impórtache actualizar as instrucións en Modelo:Libro/uso? Con tempo haberá que ir actualizando os artigos de libros con tradución ao galego; anótoo como tarefa pendente. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de maio de 2014 ás 12:00 (UTC)

Igrexa ortodoxa grega[editar a fonte]

Sabes se temos o artigo igrexa ortodoxa grega ou se ten outro nome? É para o artigo do rei, que casou polo rito católico e o ortodoxo. Grazas. --AMPERIO (conversa) 5 de xuño de 2014 ás 15:32 (UTC)

Grazas! Unha cousa máis. Sabes como de dí yerno en galego? --AMPERIO (conversa) 5 de xuño de 2014 ás 15:39 (UTC)

Cartel de Atención[editar a fonte]

Ola Norrin.

Desfixen isto porque penso que unha pequena cuestión menor de formato non é motivo para poñer semellante cartel.

Hai outras formas. Empregar as páxinas de conversa... anotalo en algures para non esquecelo etc.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 21:16 (UTC)

De igual modo, penso que este é un tema para falar na conversa, non para poñer un cartel. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 21:20 (UTC)

RE:CITAS[editar a fonte]

Xa deixei a miña opinión na taberna. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de xuño de 2014 ás 08:20 (UTC)

Boas Norrin! Sobre o da votación posterior xa tes a miña opinión na taberna, non vou votar máis este tema, xa o votei tres veces e creo que é máis que suficiente. Grazas polo aviso! Piquito (conversa) 16 de xuño de 2014 ás 20:45 (UTC)

Maria Cristina de Habsburgo[editar a fonte]

Revertín a túa edición na que engadías que nacera na República Checa. Aínda que na práctica Moravia sexa agora parte da República Checa, a Raíña Rexente de España naceu no Imperio Austríaco, que como tal era un país. A República Checa tardaría varios anos aínda en aparecer como tal. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 08:25 (UTC)

Pois iso tampouco debería ser así... Por qué ao fin estamos dando unha información que se basea nas fronteiras actuáis non más da época na que naceron eses personaxes--AMPERIO (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 08:37 (UTC)

Lixo e ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Ola Norrin.

Antes de marcar con {lixo} asegúrate de, se procede, mudar as ligazóns interlinguísticas en Wikidata.

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2014 ás 21:18 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Norrin, o cambio que fixeches do Modelo:Universidade está dando problemas e tiven que modificalo. Non se poden cambiar os nomes dos parámetros dun modelo que está en uso sen revisar os artigos que o inclúen porque deixa de funcionar. Fixen un apaño provisional para que use os parámetros antigos porque agora non teño tempo de deixalo mellor. Agora hai que amañar o modelo para que acepte os dous nomes de parámetros ou cambiar os artigos que usen os parámetros que puxeches ti. Eu agora non me podo poñer con isto e esta finde non vou estar en casa así que, se podes, e para amañar a cousa de forma rápida, penso que o mellor sería que revisaras ti os artigos de universidades nos que usaches o modelo cos parámetros novos e os amañes (hai que cambiarlles o nome e meterlle "Ficheiro" á imaxe). Para a semana podemos mellorar os parámetros do modelo para tentar que use os dous tipos de parámetro pero probándoo ben antes de que se aplique nos artigos :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2014 ás 11:15 (UTC)

Mira, como son poucos artigos xa os revisei eu e agora están todos ben. Se queres, para a semana miramos como mellorar o modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2014 ás 11:23 (UTC)

Norrin, poderías actualizar a documentación do modelo en Modelo:Universidade/uso?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xullo de 2014 ás 11:21 (UTC)

axuda toponimia[editar a fonte]

Ola, Norrin; como sabes, ultimamente estou procurando arranxaar redireccións e corrixindo os nomes dalgúns artigos, e quería pedirche que me botases unha man, se che apetece e che vai ben. Poderías revisar as redireccións cara a Kanto - 関東地方 (Kanto), prefectura de Kyōto (prefectura de Quioto) e prefectura de Ōsaka (prefectura de Osaca?

Outro berenxenal é corrixir os nomes de moitos dos artigos da Categoría:Toquio, pero xa máis adiante. En fin... Xa me contarás se che presta o tema ou se che parece unha tolemia.

Ao corrixir artigos de concellos xaponeses, hai varios erros comúns, de formato (borrar sección "personalidades" e aquelar a sección "cidades irmandadas), de redacción (texto do cabezallo), redireccións (uso de modelo); aquí podes ver a maioría deles.

Un saúdo, e grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xullo de 2014 ás 11:39 (UTC)

categorías[editar a fonte]

Sen acritude pero non tes cousas mellores que facer que revertir os cambios feitos por compañeiros? cando non hai indicacións claras no libro de estilo e son so diferentes puntos de vista estéticos, vexanse as categorías Nados no estado de... --Anton45 (conversa) 27 de xullo de 2014 ás 23:56 (UTC)

RE:Símbolo comunista[editar a fonte]

A min aparéceme ben, ó mellor tes que refrescar a caché do navegador, en Firefox é con CTRL+F5. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2014 ás 07:30 (UTC)

solicitude[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai? Quería pedirche a tradución dun artigo, pois non controlo moi ben o Modelo:Advocación mariana. É o artigo da Virxe do O, patrón da miña cidade. Xa me contarás se che apetece. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de agosto de 2014 ás 16:55 (UTC)

Ola, Norrin; pois non che sei cal é a correspondencia co castelán *patronazgo; nos varios significados que dan a RAG e o Dicionario de Cumio para 'padroádego' non recollen a advocación relixiosa.
Outra cousa: botálle un ollo por curiosidade aos artigos que ligan con Virxe do O; hai máis capelas en Galiza das que pensaba, e as que quedan por descubrir! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de agosto de 2014 ás 20:12 (UTC)

Lista de monarcas de León[editar a fonte]

Boas Norrin! Vin que colocaches, ala por xullo, un marcador de necesita máis referencias a Lista de monarcas de León, poderías especificar máis concretamente que é o que habería que referenciar do artigo?? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 10:13 (UTC)

Aclarado. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 10:31 (UTC)

Til de nasalidade[editar a fonte]

Ola, Norrin. Recupero a redirección eliminada, pois. Para escribir o til de nasalidade, que se usa tamén para a sinatura nas mensaxes, pulsa Alt Gr + 4. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de setembro de 2014 ás 07:34 (UTC)

Mover categorías[editar a fonte]

Boas, vin que marcaches Categoría:Nados en Alemaña por cidade para mover, pero non entendo por que a queres mover a Categoría:Deportistas por países, non teñen por que ser todos deportistas..., foi un erro? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2014 ás 11:33 (UTC)

mover títulos[editar a fonte]

Ola, Norrin; podo facer agora os movementos, mais non podo andar a corrixir as redireccións que queden pendentes porque agora estou en clas. Bótaslle ti un ollo?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de outubro de 2014 ás 08:26 (UTC)

Ola! Mañá botareille un ollo con calma, que ando liado. Quedan pendentes de revisión os dous asuntos. Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2014 ás 10:35 (UTC)

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Ó mover a rexión de Lorena tiñas que haber engadido o modelo {{outros homónimos}}. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de outubro de 2014 ás 00:52 (UTC)

Augsburgo[editar a fonte]

Ola, Norrin; movín o artigo que me dixeches a Augsburgo, pero cómpre referenciar a forma galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de outubro de 2014 ás 12:27 (UTC)

transcricións[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai?

Xa que estás ao día nas políticas de transcrición de alfabetos non latinos, quería pedirche que lle botases un ollo ao título do artigo Noyemberyán, unha cidade armenia. Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de novembro de 2014 ás 11:52 (UTC)

Emmanuel[editar a fonte]

Ola, Norrin! Non me soa de nada a variante Emmanuel en galego. Cando aparece no TILG e no CORGA (corpus lingüísticos do galego) están referidos a estranxeros. Existe, este si, a variante Manoel. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de novembro de 2014 ás 11:35 (UTC)

Perdón que me meta.
Eu teño estes dous libros:

Non ten entrada de seu para "Emmanuel", e na entrada Manuel/Manuela di, entre outras cousas (e cito literalmente):

Étimo:

Do nome hebreo Immanu'el "Deus connosco", "Deus está connosco", que pasou ó grego e ó latín como Emmanuel (en España e Portugal sufriu a aférese da sílaba inicial).

[...]

Correspondencias:

Port.: Manuel / Manuela; Esp.: Manuel / Manuela; Éusc.: Imanol, Manu; Cat.: Manel, Manuel / Manuela; It.: Emanuele / Emanuela; Franc.: Emmanuel / Emmanuelle; Ing.: Emmanuel, Immanuel; Al.: Emanuel; Rom.: Manuel / Manuela.


Si teñen entrada de seu:

ENMANUEL / ENMANUELA

Ver EMMANUEL / EMMANUELA

e tamén:

EMMANUEL / EMMANUELA

Ver MANUEL / MANUELA

E continúa na mesma entrada (a de Emmanuel, non na de Manuel):

Orixe: hebrea, de Imm(a)-nu-El, 'Deus está connosco'. Variante bíblica de Manuel, Xesús. Nome simbólico dado polo profeta Isaías ao fillo dunha moza virxe, identificado posteriormente como o Mesías. Var.: Enmanuel, Enmanuela, Mesías. Der.: Emma, Manuel.

Significado: 'Deus está con sós.'.

--. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2014 ás 22:27 (UTC)
Ups. Non che teño nin idea. Eu so che aportei a bibliografía que teño na casa, por se che resulta de utilidade. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)

Sudáfrica ou Suráfrica[editar a fonte]

Boas, cando poidas revisa o que comentei no artigo Suráfrica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2014 ás 14:15 (UTC)

Completar tradución[editar a fonte]

Ola Norrin.

Poderías completar a tradución pendente en Metrópole ortodoxa grega de Calcedonia?

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)

AEC[editar a fonte]

Que suxires, a.C., a.X.C. ou a.e.c.? Éme doado pasar dunha cara outra. O que non existe é século -I oo ano -1. Graciñas anticipadas. Judcosta (conversa) 16 de decembro de 2014 ás 16:12 (UTC)

Nova proposta na taberna[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:51 (UTC)

Anímaste?[editar a fonte]

Boas Norrin!! Temos un artigo bastante completo sobre a figura de Xesús de Nazaret (ben importante na historia universal, por certo) Animaríaste ti que controlas do tema a revisalo e se fora necesario a melloralo? Sería interesante ter un artigo dunha personalidade tan importante entre os artigos de calidade da Galipedia. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 16:50 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:36 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Boas Norrin! Estiven mudando unhas ligazóns de Castela - Castilla cara Castela ou similares (Condado, Reino, Coroa...) e cheguei a unha categoría chamada Gobernadores do reino de Galiza. Como sei que ti controlas disto dos nomes, e eu non lembro moi ben sobre o tema pregúntocho. Non había unha norma para poñer Galicia en lugar de Galiza nos títulos dos artigos (entendo que tamén das categorías)? Un saúdo e bo Nadal. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 16:56 (UTC)

Por certo, fixen un comentario na conversa do Século I. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 16:57 (UTC)
Home eu o mudaría para que quede todo co mesmo formato. --AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 10:31 (UTC)

Igrexa Ortodoxa[editar a fonte]

Boas Norrin, vin que temos o artigo Igrexa Ortodoxa que é unha auténtica desfeita, de feito está marcado con atención desde o 2012. O problema é unha tradución automática dalgunha outra wiki na que aparecen ata os números das referencias [1], [2] e ten moi poucas ligazóns. Como sei que ti adoitas facer artigos relacionados coas igrexas pensei que poderías botarlle unha ollada a ver se podemos facer algo con el. Eu penso que o mellor sería borrar o que temos e facer un de novo, pero como vexas. Se te apetece bótalle unha ollada. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 16:14 (UTC)

Por min ben. Se cadra en lugar de borrar o artigo en si, podes borrar o contido, deixar unhas liñas de introdución e colocarlle un marcador de uso.--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 10:16 (UTC)

Costa Daurada[editar a fonte]

Norrin ti que entendes da política de nomes máis que eu, mira Conversa:Costa Daurada‎ a ver como é?--AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 15:45 (UTC)

Wikidata[editar a fonte]

Ola Norrin. Cando crees subcategorías en Categoría:Catolicismo por países, non esquezas ligalas en Wikidata coas equivalentes doutras wikis (olla as subpáxinas de en:Category:Catholicism by country). --. HombreDHojalata.conversa 19 de xaneiro de 2015 ás 07:36 (UTC)

nomes categorías[editar a fonte]

Ola, Norrin!

Ao crear categorías segundo o santo de advocación estoume guiando polos nomes que aparecen no Nomenclátor; isto créame problemas ao haber diversidade, como Xián/Xiao/Xulián, Cibrán/Cibrao, Adrián/Adrán/Adrao. Estou procurando crear subcategorías e poñer como principal o nome que apareza no artigo do santo en cuestión, se é que existe. No caso concreto de Adrián temos o artigo do antropónimo Hadrián pero o do santo Adrián de Nicomedia.

Respecto ao de Antolín, vexo que existe unha parroquia baixo a advocación de Santo Antoíño (Baíñas, Vimianzo) e que existe a parroquia de Santo Antolín, Sarria, pero non atopo nada respecto á igrexa de Toques. Existen tamén os lugares de Santo Antoíño, Vilamaior da Boullosa, Baltar e Santoíño, Piúgos, Lugo. Doutra banda, hai bastantes parroquias baixo a advocación de Santo Antonio e tres baixo a de Santo Antón.

O ideal sería termos referencias sobre o tema, pero non controlo moito, a verdade. Toda axuda que me poidas prestar coa categorización segundo advocacións, así como suxestións e propostas, serán benvidas.

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2015 ás 23:27 (UTC)

Aleksandr Kérenski[editar a fonte]

Boas Norrin, vin que moviches o artigo Aleksandr Kérenski a Aleksandr Kerenskii, o ruso Керенский literalmente é Kerenskij, máis nunca vin esas dúas denominacións para referirse a este persoeiro, que sempre aparece como Kerensky ou Kérenski. Se cadra deberíamos empregar a forma Kerenski se queres quitar o til, pero o das dúas i non me acaba de convencer. Sabes dalgunha fonte onde poda aparecer así?--AMPERIO (conversa) 31 de xaneiro de 2015 ás 17:54 (UTC)

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:59 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola Norrin, marcaches agora unha serie de artigos como Sen referencias. Creo que todos eles teñen as suficientes referencias, pos teñen Bibliografía e / ou Ligazóns externas, que é de onde tirei a información. Ou é que te refires a algún dato concreto? Nese caso habería que poñer o marcador logo do dato que pides referenciar, non?. Un saúdo. --Xas (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 16:19 (UTC)

Norrin. Concordo con Xas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2015 ás 07:12 (UTC)

Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Castelo de Santo Antón[editar a fonte]

Ola Norrin.

Bótalle un ollo. A ver que tal agora.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 20:06 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:17 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:41 (UTC)

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Axuda[editar a fonte]

Boas Norrin! Recentemente creei o artigo da lista de cantatas de Johann Sebastian Bach. Non teño moita idea (por non dicir que non teño nin idea) das celebracións do calendario eclesiástico (neste caso o luterano) e cada cantata está escrita para unha ocasión. Poderías revisar e corrixir as celebracións que fora necesario? Moitas grazas!! --Piquito (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 17:58 (UTC)

Moitas grazas Norrin! Unha aperta!! Piquito (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 09:39 (UTC)

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Cita libro[editar a fonte]

Ola! Deu algo de choio adaptar o modelo este a verdade, próximamente tentarei facer o mesmo cós de cita web / novas e demáis, a ver se non hai moitos problemas. No caso concreto que comentas, proba a empregar "editorial" no canto de "editor", creo que así quedan ben. Probeino en David Macaire, revisa a ver si así valen :) Banjo tell me 30 de abril de 2015 ás 13:36 (UTC)

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:42 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Bots[editar a fonte]

I apologize for sending this message in English.

You are receiving this message because a technical change may affect a bot, gadget, or user script you have been using. The breaking change involves API calls. This change has been planned for two years. The WMF will start making this change on 30 June 2015. A partial list of affected bots can be seen here: https://lists.wikimedia.org/pipermail/wikitech-l/2015-June/081931.html This includes all bots that are using pywikibot compat. Some of these bots have already been fixed. However, if you write user scripts or operate a bot that uses the API, then you should check your code, to make sure that it will not break.

What, exactly, is breaking? The "default continuation mode" for action=query requests to api.php will be changing to be easier for new coders to use correctly. To find out whether your script or bot may be affected, then search the source code (including any frameworks or libraries) for the string "query-continue". If that is not present, then the script or bot is not affected. In a few cases, the code will be present but not used. In that case, the script or bot will continue working.

This change will be part of 1.26wmf12. It will be deployed to test wikis (including mediawiki.org) on 30 June, to non-Wikipedias (such as Wiktionary) on 1 July, and to all Wikipedias on 2 July 2015.

If your bot or script is receiving the warning about this upcoming change (as seen at https://www.mediawiki.org/w/api.php?action=query&list=allpages ), it's time to fix your code!

Either of the above solutions may be tested immediately, you'll know it works because you stop seeing the warning.

Do you need help with your own bot or script? Ask questions in e-mail on the mediawiki-api or wikitech-l mailing lists. Volunteers at m:Tech or w:en:WP:Village pump (technical) or w:en:Wikipedia:Bot owners' noticeboard may also be able to help you.

Are you using someone else's gadgets or user scripts? Most scripts are not affected. To find out if a script you use needs to be updated, then post a note at the discussion page for the gadget or the talk page of the user who originally made the script. Whatamidoing (WMF) (talk) 17 de xuño de 2015 ás 19:03 (UTC)

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Feito[editar a fonte]

Boas Norrin strange! Xa contestei á túa proposta da taberna. Certamente non me quería meter nese asunto e sinto discordar en varias das propostas, de todos xeitos direiche que tal e como está plantexada a proposta non se sabe moi ben que é o que se está a votar (é confuso). Unha aperta! Piquito (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 22:11 (UTC)

En uso[editar a fonte]

Boas Norrin, creo que puxeches o marcador En Uso no artigo de Tolkien, non? Pois como estaba no medio do artigo varios usuarios puxémonos a fedellar porque non o vimos. O aviso ese hai que poñelo ó principio do artigo porque se non a xente non se decata e poden perderse edicións. Vou cambiar o aviso para o comezo para que ninguén máis o edite, e cando ti remates os teus cambios quítao para que todos saiban que xa está libre, vale? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xullo de 2015 ás 12:51 (UTC)

RE: Música sacra[editar a fonte]

Boas Norrin! Dende o meu punto de vista non tería sentido, xa que non hai compositores (ou se hai son moi poucos, Tomás Luis de Victoria ou Giovanni Pierluigi da Palestrina poderían ser excepcións) cuxa obra se fundamente na música sacra. O certo é que ata o século XIX os compositores traballaban fundamentalmente por encargo (para un noble, unha igrexa, para ambos...) e escribían o que lles mandaran, polo que moitas veces tampouco se correspondía coas súas convicións (Bach era protestante e escribiu unha misa católica por encargo). Sobre pendurar da categoría "Personalidades do cristianismo" tampouco concordo, xa que eran compositores, e o feito de escribir unha obra sacra non quere dicir que sexan personalidades do cristianismo, xa que moitos non eran relixiosos (o propio Victoria ou Vivaldi o eran, pero non se fixeron famosos por selo nin foi un mérito). Eu non o vexo, nin sequera para Victoria... Unha aperta!! Piquito (conversa) 14 de xullo de 2015 ás 21:08 (UTC)

Boas outra vez! Non me fixara nese detalle, eu non engadín esa categoría... pode que estea incluído porque Bach é homenaxeado nos calendarios litúrxicos da Igrexa Episcopal estadounidense e no da Igrexa Luterana, non sei, eu non incluín a categoría. Non digo que todos os compositores escribiran música sacra, moitos escribiron música sacra porque era o seu traballo, polo que non creo que deberan estar incluídos nesas categorías... os casos de Victoria ou Vivaldi son distintos porque eran curas... no caso de Bach había unha devoción extrema (en palabras súas compuña para a maior gloria de Deus). Creo que deberas consultar o historial de Bach e preguntarlle a quen engadiu esa categoría, eu non te podo dicir por que está ahí, podo facer hipóteses sobre os motivos, pero mellor que lle preguntes a quen a puxo, para min a relixión en Bach non é importante e non o controlo, pode que se me escape algo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 16 de xullo de 2015 ás 21:48 (UTC)

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Transliteración[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento libre, poderías botarlle un ollo ó que se comenta nesta conversa? É que eu non teño nin idea do tema... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2015 ás 11:22 (UTC)

Re:Rexións/oblásts[editar a fonte]

Vaia, non a vira, e andas no certo. Sintoo!--MrCarlete (ven conversar) 28 de xullo de 2015 ás 15:29 (UTC)

RE:Movemento[editar a fonte]

Feito! Feito! Non me percatara da mensaxe onte, sorry :) Banjo tell me 30 de xullo de 2015 ás 07:04 (UTC)

Subst[editar a fonte]

Ola Norrin.

Cando poñas o aviso de "Atención", non esquezas poñerlle o "Subst:", deste xeito: {{subst:Atención}}. Así quedan categorizados por meses.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de agosto de 2015 ás 11:18 (UTC)

Laika[editar a fonte]

Ola Norrin, unha petición de axuda. Cando teñas un momento libre, poderías revisar se as transliteracións feitas en Laika son correctas segundo WP:TRL? Non ten présa. Grazas! Banjo tell me 9 de setembro de 2015 ás 07:24 (UTC)

Artigo "en uso"[editar a fonte]

Boas Norrin strange! Lémbrote que tes o artigo Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda cun marcador "en uso" modificado hai máis de 30 días. Unha aperta! Piquito (conversa) 10 de setembro de 2015 ás 20:52 (UTC)

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Bos Aires[editar a fonte]

Antes de eliminar todos os Bos Aires penso que habería que estar seguros ó cento por cento de que o termo é incorrecto. Segundo as Dúbidas lingüísticas da Universidade de Vigo é correcto dicir Bos Aires. No libro Diciopedia do século XXI, podes ver aquí unha consulta sobre el, hai 32 sitios nos que usa Bos Aires, na Gran Enciclopedia Galega o artigo chámase Bos Aires... Entón, podemos dicir exactamente que Bos Aires é incorrecto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2015 ás 15:39 (UTC)

Imos ter que analizar o caso cun pouco máis de detalle porque non o teño nada claro. Así a bote pronto non me convence que se quite do artigo Buenos Aires a indicación de que tamén se usa Bos Aires, pero vou preguntar a outros usuarios a ver que opinan. Polo momento penso que será mellor non seguir facendo cambios relacionados con este tema ata que non esteamos seguros de que topónimo debemos usar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2015 ás 18:54 (UTC)

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.