Provincia de Andizhan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Andizhan
Andijon viloyati (uz) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°45′N 72°10′L / 40.75, 72.17Coordenadas: 40°45′N 72°10′L / 40.75, 72.17
EstadoUzbekistán Editar o valor em Wikidata
CapitalAndizhan Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.899.500 (2005) Editar o valor em Wikidata (452,26 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.200 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación6 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UZ-AN Editar o valor em Wikidata

Sitio webandijan.uz Editar o valor em Wikidata

A Rexión de Andizhan ou Provincia de Andizhan (uzbeko: Andijon viloyati; Андижон вилояти), é unha división administrativa, coñecida como viloyati, de Uzbekistán, situada na zona oriental do país. Limita con Kirguizistán en case tódalas direccións, salvo ao suroeste por onde limita coa provincia uzbeka de Ferganá e ao noroeste coa provincia de Namangán, formando parte do val de Ferganá.

Andillán é a provincia máis densamente poboada de Uzbekistán. Dividida en 14 distritos administrativos, a súa capital homónima ten 350.000 habitantes. Outras cidades importantes son Asaka (Leninsk), Xonobod, Shahrixon (Moscovskiy), e Qorasuv.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da provincia é tipicamente continental, con diferenzas extremas entre as temperaturas invernais e as estivais.

Economía[editar | editar a fonte]

Recursos minerais[editar | editar a fonte]

Os seus recursos naturais inclúen xacementos de petróleo, gas natural, ozocerita e calcaria.

Agricultura[editar | editar a fonte]

A agricultura da rexión baséase principalmente no cultivo do algodón, de cereais e na viticultura. Destaca tamén o cultivo do melón e da sandía en zonas exclusivamente de rego, así como a cría de gando vacún.

Industria[editar | editar a fonte]

Inclúe a metalurxia, a industria química, e industria lixeira coma a de procesado de alimentos. Na cidade de Asaka atópase a primeira cadea de montaxe automobilística da Asia Central.