Park Won-sun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Park Won-sun
Seoul Kimchi Making Sharing Festival 03.jpg
Nacemento26 de marzo de 1956
 Changnyeong County
NacionalidadeCorea do Sur
Alma máterUniversidade Dankook
Ocupaciónavogado e político
PremiosPrêmio Ramon Magsaysay e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Park Won-sun

Park Won-sun, nado en Changnyeong o 26 de marzo de 1956, é un antigo activista polos dereitos humanos, avogado e político surcoreano, alcalde de Seúl desde o 26 de outubro de 2011[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou ciencias sociais Universidade Nacional de Seúl, de onde o expulsaron en 1975 por participar no movemento estudantil contra as políticas do presidente Park Jeonghui e mais foi á cadea durante catro meses[2], despois volveu aos estudos na Universidade de Danguk licenciándose en historia en 1979. En 1980 pasou os exames para exercer como avogando, traballando primeiro na oficina do fiscal en Daegu, e logo como avogado independente especializado en dereitos humanos. En 1994 foi un dos fundadores da ONG Solidariedade Popular para unha Democracia Participativa para minotorizar as prácticas do goberno e loitar contra a corrupción política, dirixíndoa de 1996 a 2002, ano no que pasou a dirixir The Beautiful Foundation, centrada na procura da eliminación das desigualdades[3]. A partir de 2005 foi membro da Comisión para a Verdade e a Reconciliación encargada de investigar as violacións dos dereitos humanos desde a ocupación xaponesa en 1910 ata a fin do goberno totalitario coa elección do presidente Kim Yeongsam en 1993[4]. No ano 2011 presentouse como candidato independente á alcaldía de Seúl co apoio do Partido Democrático e do Partido Laborista Democrático.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seoul Residents Elect Liberal Novice as Mayor", VOA, 26 de outubro de 2011
  2. ""Ramon Magsaysay Award Foundation - Park Won Soon"". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  3. "'The Beautiful Foundation - Who We Are'". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  4. "University of Minnesota, Institute for Advanced Study - Bringing Justice to an Unjustified Past in Korea". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 26 de maio de 2014.