David Macaire
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1969 (55 anos) Nanterre, Francia |
Administrador apostólico | |
13 de maio de 2021 – Diocese: Diocese Católica Romana de Basse-Terre (pt) | |
Arcebispo católico Arquidiocese de Fort-de-France (pt) | |
7 de marzo de 2015 – ← Michel Méranville (pt) Diocese: Arquidiocese de Fort-de-France (pt) | |
Prior couvent de la Vierge du Rosaire (en) | |
2007 – 2011 ← valor descoñecido – Hugues-François Rovarino (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2015–), sacerdote católico (2001–) |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Consagración | Chibly Langlois (pt) |
Premios | |
| |
David Macaire, nado o 20 de outubro de 1969 en Nanterre, é un dominicano católico latino francés, arcebispo de Fort-de-France e Saint-Pierre (Martinica) dende o 7 de marzo de 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou a educación primaria e secundaria no colexio dos dominicanos de Notre-Dame de Délivrande en Morne-Rouge entre 1972 e 1984, e no Liceo Schœlcher de Fort-de-France entre 1984 e 1987.
En 1994 ingresou no noviciado da provincia de Tolosa da Orde dos Predicadores, onde profesou o 17 de setembro de 1995. Posteriormente estudou Filosofía en Bordeos e Teoloxía en Tolosa, facendo a profesión solemne en 1998. O 23 de xuño de 2001 foi ordenado sacerdote por Jean-Louis Bruguès, bispo de Angers.
Exerceu o seu ministerio na arquidiocese de Bordeos até 2011, cando ingresou no convento dos dominicanos de Sainte-Baume como prior, e reitor da basílica de Santa María Madalena de Saint-Maximin-la-Sainte-Baume. A partir de 2012, foi tamén exorcista da diocese de Fréjus-Toulon.
O 7 de marzo de 2015 o papa Francisco nomeouno arcebispo metropolitano de Fort-de-France e Saint-Pierre, en Martinica. Recibiu a consagración episcopal o 12 de abril, de mans do cardeal Chibly Langlois.
Obra
[editar | editar a fonte]- Le Père Gaston Jean-Michel, Témoin de l’Évangile (Mémoire martiniquaise et Histoire Ecclésiale). La Thune. 2012.
- Les Petites Prières. Peuple Libre. 2012.
- Marie-Madeleine, itinéraire spirituel d’une femme libérée. La Licorne. 2014.