Hadrián de Nicomedia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 278 Constantinopla, Turquía |
| Morte | 4 de marzo de 306 (Gregoriano) Nicomedia |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 8 de setembro 4 de marzo 26 de agosto |
| Familia | |
| Cónxuxe | Natalia de Nicomedia |
| Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Adrian, St. |

Hadrián de Nicomedia[1] ou santo Hadrián[1], coas variantes Adrián[1], Hadriano[1], Adriano[1], Adrao[1] e Adrán[1], foi un garda pretoriano do emperador Galerio Maximiano, convertido ao cristianismo foi martirizado en Nicomedia o 4 de marzo de 303. Segundo a tradición, mentres presidía a tortura dun grupo de cristiáns preguntoulles que agardaban recibir do seu Deus, eles replicaron: o que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso prepara Deus para os que o aman (Corintios I 2:9). É o patrón dos soldados.
Impresionado pola forza na que se mantiñan na fe diante os tormentos, converteuse e fíxose bautizar, os seus compañeiros prendérono e levárono á cadea, onde foi torturado; a súa muller, Natalia de Nicomedia, que xa era cristiá sen el o saber, disfrazouse de home para se introducir na prisión e poder soster nos seus brazos ao seu home, antes de morrer decapitado.
San Hadrián é barqueiro,
barqueiro é san Hadrianhe.
San Hadrián é barqueiro
que leva o remo na manhe
Festa
[editar | editar a fonte]- Calendario romano: 8 de setembro
- Calendario grego: 26 de agosto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Antonio Reigosa: Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, Xerais 2023 (5ª ed), 94. En realidade, a iconografía do santo represéntao vestido de romano, coa palma do martirio (que a cantiga confunde cun remo), e na man dereita unha cruz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrián