Conversa Wikipedia:Nomes de infraestruturas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estradas[editar a fonte]

O que xa comentei: ollo co formato letra-número, pois é o que tamén se emprega noutros países (por exemplo, as estradas nacionais en Irlanda: en:Roads_in_Ireland). É por iso que sería mellor, penso eu, un formato <sigla> (<inicio> - <fin>), ou <tipo de estrada> <nacionalidade> <sigla>. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de marzo de 2014 ás 11:23 (UTC)[responder]

Débese distinguir entre as que levan guión e as que non, e por exemplo, de darse o caso de que no teña un nome oficial e que se poida traducir, diferenciaríaas así N3 (Irlanda) e N3 (Bélxica), empregando N3 coma páxina de homónimos. Pontevedra78·conversa 11 de marzo de 2014 ás 20:59 (UTC)[responder]
Eu nos artigos das autoestradas interestatais dos Estados Unidos cando aparece algún artigo específico para un estado estou empregando o formato Interestatal-X, nome do estado tal e como se fai cos artigos de cidades (ex. Duluth, Xeorxia). --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 21:15 (UTC)[responder]
Pero precisamente é iso o que a política debe tratar de unificar, estabelecendo un formato xeral para as estradas. Eu, por exemplo, optaría por un estrada irlandesa N3, un estrada belga N3 e un estrada española N-III. Así sería sistemático. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 07:03 (UTC)[responder]
Si pero o caso das estradas interestatais é máis específico, penso que non hai máis que leven ese nome de Interestatal-X. O das estradas que repiten nome, como os exemplos que poñedes, paréceme boa idea poñelos como di Norrin. --AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 08:23 (UTC)[responder]

Rúas e carrís bici[editar a fonte]

Liñas de ferrocarril[editar a fonte]

Liñas aéreas[editar a fonte]

Os nomes das compañías aéreas deberían ir na súa lingua orixinal ao tratarse de empresas privadas e ser o seu nome, por exemplo Iberia Líneas Aéreas de España, Delta Air Lines, British Airways... No caso de Iberia, xa existe unha redirección desde Iberia (aeroliña) (que penso que debe quedar como redirección ao tratarse dun nome legal Iberia Información Legal co que está rexistrada no Rexistro Mercantil. É máis que nada un asunto legal ca outra cousa, pero habería que cumprir. --AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 08:33 (UTC)[responder]

Nesta política imos tratar exclusivamente as infraestruturas. Con liñas aéreas refírome a, se algún día se quixese facer un artigo sobre elas, a, por exemplo, a Liña aérea A Coruña-Madrid. O que ti dis podería ir nunha futura política de nomes de artigos sobre persoas xurídicas. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 15:37 (UTC)[responder]
Desculpas entón, non entendera ben o que querías dicir. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 15:38 (UTC)[responder]

Liñas de metro/tranvía urbanas[editar a fonte]

Edificios[editar a fonte]

Aeroportos[editar a fonte]

Para os nomes dos aeroportos españois una boa fonte é a páxina de Aena, na versión en galego da páxina aparecen os nomes como Aeroporto de X e o nome que ten (na lingua orixinal). O que desde logo non ten moito sentido é ter Aeroporto de Jerez (en castelán) e Aeroporto de Badaxoz (en galego). --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 22:19 (UTC)[responder]

Os aeroportos deberían traducirse.--Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 07:04 (UTC)[responder]
Non o teño eu tan claro o de que deban traducirse ao tratarse, en certo modo de empresas.--AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 08:27 (UTC)[responder]
Eu penso que non é unha empresa, é unha infraestrutura xestionada por unha empresa (Aena), non? --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 08:39 (UTC)[responder]
Non che sabería dicir, estiven mirando e hai unha Concesionaria del Aeropuerto de Madrid-Barajas e (aínda que non estea en uso Aeropuerto de Castellón, S.L), AENA debe ser só a explotadora dos servizos. --AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 08:56 (UTC)[responder]
Penso que non habería problema en traducir o nome destes artigos como se fai no resto de wikis ao non estar falando das empresas senón do aeroporto de X--AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 09:04 (UTC)[responder]
Eu tamén deixaría a posibilidade de Aeroporto Internacional de X (v. Aeroporto Internacional de Auckland, Aeroporto Internacional John F. Kennedy Poño estes por que os creei eu, pero tamén serve para o caso de Heathrow...)--AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 15:54 (UTC)[responder]

Madrid-Barajas[editar a fonte]

Sobre os cambios na denominación dos aeroportos. No caso do recente cambio do nome do Aeroporto de Madrid-Barajas, o BOE xa publicou o novo nome do aeroporto como Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas ver BOE. Ao ser esta a nova denominación oficial do aeroporto e non sendo correcta xa a súa antiga denominación, o nome debería mudarse. Motivos:

  1. Manter o antigo nome sería caer nun erro.
  2. Foi publicado no BOE.
  3. A páxina web de AENA, recolle o nome completo, ao igual que os propios paneis do devandito aeroporto.

--AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 09:30 (UTC)[responder]

Manter o nome antigo non é un erro, é un aeroporto situado en Madrid, no distrito de Barajas: Aeroporto de Madrid-Barajas, segundo o formato de "Aeroporto de <lugar>". É un nome puramente descriptivo, e por tanto correcto. Tampouco empregamos os nomes oficiais das persoas (cf. Rosalía de Castro vs. "Rosalía de Castro Murguía"), nin das institucións (cf. Asemblea de Albania vs. "Kuvendi i Shqipërisë"), nin para os países (cf. Venezuela vs. "República Bolivariana de Venezuela"), nin para os clubes deportivos (cf. Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto vs. "Río Natura Monbus Obradoiro") porque sería demencial facelo. E, aínda que WP:CDN non é unha política oficial, si que ten acadado un consenso de facto na wiki, e nela se di: "use o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes, para persoas e cousas". O nome mais común é "Aeroporto de Barajas" ou "Aeroporto de Madrid-Barajas", e non vai mudar o feito do cambio legal do nome. Non está tan claro que un aeroporto deba rexirse polos mesmos nomes que as empresas, e de ser así, debería ser "Aeropuerto Adolfo Suárez, Madrid-Barajas" (en castelán) que sí que é o nome oficial, e non traducilo, e do mesmo xeito mover "Aeroporto de Múnic" a "Flughafen München Franz Josef Strauß", que é o nome oficial. Ninguén fai iso, e non debe facerse. --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2014 ás 09:55 (UTC)[responder]
Entón o Aeroporto Internacional John F. Kennedy debería ser o Aeroporto de Nova York-Queens, por que é un aeroporto de Nova York que está na zona de Queens, para cumprir así coa política de nomes, pero a ninguén ocorréselle mudar ese nome... En fin, que quede como está.. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 10:03 (UTC)[responder]
Todo o mundo chama ao JFK así, polo que é o nome máis común, e non hai tal dilema. Ninguén lle chama aeroporto de Nova York-Queens. Se dentro de 3 anos xa ningún fala de "aeroporto de Barajas" e todo o mundo emprega "Aeroporto Adolfo Suárez" pois haberá que mudalo, mais polo de agora non é así. E, por exemplo, o código IATA segue a ser MAD, non "ASM". --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2014 ás 10:10 (UTC)[responder]
Como ti comprenderás se o cambio ocorreu esta semana, evidentemente ninguén chama ao aeroporto aínda polo novo nome.. Como xa dixen, tanto ten. Xa se mudará se hai que facelo. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 10:13 (UTC)[responder]
Mandei unha consulta aquí sobre isto. 1. --Norrin (Fálame) 5 de abril de 2014 ás 11:42 (UTC)[responder]

Resumindo[editar a fonte]

Boas AMPERIO e Pontevedra78. Como comentei, escribín á área de dúbidas lingüísticas da SXPL. Eis a resposta:

[...] os nomes dos aeroportos poden traducirse ou non, pero debe ser coherente. É dicir, se traduce un debe traducilos todos, e se quere conservar o nome orixinal debe facelo de xeito completo, por exemplo o que vostede denomina como Aeroporto de Nova York, en realidade é o John F. Kennedy International Airport, e o Aeroporto de Múnic é o Flughafen München Franz Josef Strauß. Non obstante, para unha mellor comprensión dos textos que vostede escriba en galego é mellor que os traduza e utilice o nome da cidade do aeroporto en galego normativo.

Por tanto, resumindo, creo que deberíamos traducilos, xa que non ten sentido empregar "Flughafen München". --Norrin (Fálame) 8 de abril de 2014 ás 09:26 (UTC)[responder]

Boa idea a de facer a consulta, Norrin. Está claro, hai que traducir. Pontevedra78 conversa 9 de abril de 2014 ás 13:54 (UTC)[responder]
@Norrin strange: Pero xa é o que se fai non? Quero dicir, que xa estamos traducindo os nomes dos artigos dos aeroportos.--AMPERIO (conversa) 9 de abril de 2014 ás 13:59 (UTC)[responder]
É o que se fai... parcialmente. Temos Aeroporto de Jerez, por exemplo. Coa política clarificariamos isto e, o que é mais importante, quedaría fixado. Tamén preguntei, por certo, o do Adolfo Suárez, e nisto levabas ti razón. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 14:40 (UTC)[responder]

Estacións[editar a fonte]

Tren[editar a fonte]

Agora as estacións de tren levan o título de "Estación de <lugar>", e penso que deberían levar o de "Estación de tren de <lugar>" para non confundilo con "Estación de autobuses de <lugar>". --Norrin_strange (Fala-me) 11 de marzo de 2014 ás 07:59 (UTC)[responder]

Exemplo: Estación da Coruña debería ir en Estación de tren da Coruña-San Cristovo (existe tamén a de San Diego). --Norrin_strange (Fala-me) 11 de marzo de 2014 ás 08:00 (UTC)[responder]
Pero, sempre que non se duplicase, poderíase redireccionar dende o xeito máis curto, por exemplo Estación da Coruña-San Cristovo.--Pontevedra78·conversa 11 de marzo de 2014 ás 20:54 (UTC)[responder]
Sí, iso si. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 07:04 (UTC)[responder]

Bus[editar a fonte]

Metro[editar a fonte]

Portos[editar a fonte]

Xeral[editar a fonte]

Tracei o que na miña opinión son as liñas básicas de cada apartado agás os portos, do cales non teño moita idea. Incorporei o que xa se falou aquí e tamén incluín novas propostas. Opinade e, se queredes, modificade. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 16:11 (UTC)[responder]

Habería que darlle un pulo a isto... --Norrin (Fálame) 5 de abril de 2014 ás 11:33 (UTC)[responder]