Aethelberht de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aethelberht de Wessex
Æthelberht - MS Royal 14 B VI.jpg
Nacemento 835
Lugar Wessex
Falecemento 865
Lugar Sherborne
Nacionalidade Wessex
Ocupación soberano
editar datos en Wikidata ]

Æthelberht de Wessex ou Æþelberht de Wessex, nado en 835 e finado en 865, foi o terceiro fillo varón -de seis en total- de Æthelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Foi rei de Wessex entre os anos 860 e 865.

Æthelberht - MS Royal 14 B VI.jpg

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 852 o seu pai outórgalle a lugartenencia do reino de Kent como subregulus (sub-rei), tras a morte do seu irmán maior e herdeiro da coroa, Aethelstan. Ao morrer o seu irmán, o rei Aethelbald o 20 de decembro de 860, sucédeo no trono de Wessex, como o seu pai e o seu irmán foi coroado en Kingston upon Thames. Combateu, desde entón, en contra das invasións danesas a Northumbria e Kent, ambas as dúas ao mando de Ragnar Lodbrok, o cal chegou a invadir Winchester.

Morreu no outono do ano 865, aos 29 anos de idade, sendo sepultado na abadía de Sherborne, en Dorset.