Eni de Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eni de Anglia Oriental
Nacementoséculo VI
Lugar de nacementoReino de Anglia Oriental
Falecemento624
EtniaAnglos
PaiTyttla de Anglia Oriental
FillosAethelhere de Anglia Oriental, Aethelwald de Anglia Oriental, Æthelric, Ecgric de Anglia Oriental e Anna de Anglia Oriental
IrmánsRaedwald de Anglia Oriental
editar datos en Wikidata ]
'Eni Tytling', segundo o rexistro do Textus Roffensis

Eni foi un membro da dinastía Wuffinga que gobernou o reino de Anglia Oriental. Era fillo de Tyttla e irmán de Raedwald, que foron reis de Anglia Oriental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un mapa dos reinos anglosaxóns

Non hai evidencia histórica de que Eni chegase a ser rei de Anglia Oriental. As referencias principais a el proveñen da Historia Eclesiástica de Beda e da información contida sobre Anglia Oriental na Anglian colection. Esta información non é unha lista de reis, senón unha serie de filiacións xenealóxicas, (por iso non se menciona a Raedwald, que non foi antepasado directo de Eni).

É posíbel, pero non está indicado en ningún lugar, que Raedwald asociase a Eni como rexente ou sub-rei durante o período do seu propio ascenso, 616-624. As fontes que temos indican que Eorpwald, fillo de Raedwald, sucedeu ao seu pai.

Eni é identificado por Beda como pai de tres reis de Anglia Oriental, concretamente Anna (636-654), Aethelhere (654) e Aethelwold (654-664). Na Anglian colection é tamén o avó de Ealdwulf (664-713), cuxo pai era Æthelric. Tendo en conta que o poder real volveu a Ealdwulf en 664 despois do goberno dos seus tíos, suponse a miúdo que Æthelric era o irmán máis vello de Anna, Æthelhere e Æthelwold e podería ser Egric de Anglia Oriental, que compartiu trono con Sigeberht (629-634) e morreu con el en 636. Hereswitha, a nai de Ealdwulf, xa abandonara Anglia Oriental pola vida monastica na Galia por 647 (Beda, Historia, iv.23) e probabelmente Æthelric morrese tamén por entón..

Moitos dos descendentes de Eni parecen ser cristiáns e como membro da casa de Raedwald posibelmente participase dalgunha forma no bautismo de Raedwald, que tivo lugar en Kent baixo o patrocinio de Aethelberht antes de 616, de man dos misioneiros enviados por Gregorio I. O fillo de Eni, Anna, vivía presumibelmente en Exning en 631 cando a filla de Anna Aethelthryth (Santa Audrey) naceu alí. Exning esta preto da Illa de Ely, en Cratendune, onde o Liber Eliensis afirma que o propio Agostiño de Canterbury (m. 604) estableceu unha igrexa. É posíbel, por tanto, que o cristianismo dos descendentes de Eni teña as súas orixes na propia misión de Agostiño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • B. Colgrave e R.A.B. Mynors (eds). (1969). Bede's Ecclesiastical History of the English People. Oxford.
  • D.N. Dumville. (1976). 'The Anglian Collection of Royal Genealogies and Regnal Lists' in Anglo-Saxon England 5, 23-50.
  • S. Plunkett. (2005). Suffolk in Anglo-Saxon Times. Stroud: Tempus Publishing