Ricberht de Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicberht de Anglia Oriental
Nome orixinal(en) Ricberht Editar o valor em Wikidata
Biografía
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaWuffingas Editar o valor em Wikidata

Ricberht, gobernou brevemente Anglia Oriental, un reino anglosaxón independente que hoxe inclúe os condados ingleses de Norfolk e Suffolk.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo a obra de Beda, Historia Ecclesiastica gentis Anglorum, Ricberht asasinou a Eorpwald de Anglia Oriental aproximadamente en 627, pouco despois de que Eorpwald sucedese ao seu pai Rædwald como rei, tras o que fora bautizado como cristián. Tras a morte de Eorpwald, Ricberht puido terse convertido en rei, unha posibilidade que non é mencionada por Beda. Anglia Oriental volveu ao paganismo por tres anos, antes de que Sigeberht e Ecgric se convertesen en reis conxuntos e terminasen co período de apostasía.

Inglaterra do norte e do leste no século VII

O asasinato de Eorpwald[editar | editar a fonte]

Unha representación da morte de Eorpwald, por John Speed[1]

Pouco despois da súa conversión, Eorpwald foi asasinado por Ricberht, posibelmente como resultado dunha reacción pagá á conversión de Anglia Oriental. Non sabemos nada acerca da ascendencia de Ricberht, a pesar de que o seu nome pode indicar que era membro da elite, quizais emparentado con Eorpwald[2]. A única fonte acerca de Ricberht, a Historia Eclesiástica, di que "Eorpwald, non moito tempo despois de abrazar a fe cristiá, foi morto por un Ricberht, un pagán;" ("Uerum Eorpuald non multo, postquam fidem accepit, tempore occisus est uno uiro gentili nomine Ricbercto;")[3]. Descoñecemos os detalles da morte de Eorpwald[4].

Goberno[editar | editar a fonte]

Os historiadores xeralmente manteñen que, se Ricberht alcanzou o trono, sucedería a Eorpwald e tería gobernado tres anos. Beda non o menciona máis, indicando só que "a provincia estivo errada por tres anos" ("et exinde tribus annis prouincia in errore uersata est"), antes da ascensión do irmán ou medio irmán de Eorpwald Sigeberht e o seu parente Ecgric.

Os estudosos foron incapaces de determinaren as datas exactas dos reinados neste período, incluíndo o de Ricberht, con algunha certeza[5]. Higham sinala que o feito de que Ricberht fose capaz de gobernar durante tres anos nunha época en que Edwin era o poder máximo entre os anglosaxóns, implica que Ricberht contou co apoio dos Anglos Orientais para derrocar a Eorpwald, considerado "demasiado compracente" cara ao rei northumbriano[6].

Michael Wood e outros historiadores especularon acerca de que Ricberht puido ser enterrado no barco funerario de Sutton Hoo, preto da principal corte dos Wuffingas en Rendlesham, pero a maioría de expertos consideran a Rædwald como o candidato máis probábel[7]. Martin Carver utilizou a evidencia do que el considera como prácticas pagás en Sutton Hoo para teorizar que o barco funerario representa un desafío pagán "provocado pola ameaza percibida dunha misión cristiá depredadora"[8].

Sucesores[editar | editar a fonte]

Cara a 630, o cristianismo fora restablecido en Anglia Oriental cando Sigeberht e Ecgric reinaron conxuntamente. Ecgric, que puido ser un subrei até a abdicación de Sigeberht en 634, parece que se mantivo pagán. non hai evidencia ningunha de que Ecgric adoptase ou promovese o cristianismo: Beda non escribiu nada indicando que fose cristián, en contraste co seu eloxio ao devoto Sigeberht, primeiro rei inglés en recibir un bautismo e educación cristiáns antes da súa sucesión[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Speed, The Counties of Britain, p.31.
  2. Yorke, Kings and Kingdoms, p.67.
  3. Bede, Ecclesiastical History ii., 15.
  4. Yorke, Kings and Kingdoms, p.62.
  5. Kirby, English Kings, p.66.
  6. Higham, The Convert Kings, p. 182.
  7. Wood, In Search of the Dark Ages, p. 66.
  8. Hoggett, The Archaeology of the East Anglian Conversion, p. 93.
  9. Kirby, English Kings, p.67.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]