Aethelwulf de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato imaxinario dun artista descoñecido do século XVIII.

Aethelwulf de Wessex (en inglés antigo: Æþelwulf, que significa 'Lobo Nobre'), nado en 806 e finado o 13 de xaneiro de 858, foi un rei de Wessex, primoxénito de Ecgberht, rei de Wessex e de Mercia, e de Redburga, posibelmente unha princesa carolinxia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conquistou Kent en representación do seu pai en 825. En diante designado Rei de Kent ata que sucedeu ao seu pai como Rei de Wessex en 839, polo que se converteu en rei de Wessex, Kent, Cornwall, dos Saxóns Occidentais e Orientais [1]. Foi coroado en Kingston upon Thames.

Vida Familiar[editar | editar a fonte]

Ao morrer o seu pai, o rei Ecgberht (xuño 839), sucédeo no trono de Wessex e nos conquistados reinos de Essex, Sussex e Kent; con todo, o reino de Mercia logra emanciparse novamente, non podendo ser anexado a Wessex até o reinado de Eduardo o Vello (918).

O pai de Aethelwulf, Ecgberht fora un veterano gris que tivera que loitar para sobrevivir desde temperá idade. En cambio Ethalwulf fora nomeado para a rexencia e chegou en forma natural ao trono de Wessex. Demostrou ser intensamente relixioso, con escaso sentido político e fillos demasiado ambiciosos e hábiles[2].

Reinado[editar | editar a fonte]

Un dos primeiros actos de Aethelwulf como rei foi dividir o reino. Deu ao seu fillo maior, Aethelstan, a metade leste, que incluía Kent, Essex, Surrey e Sussex (non confundilo con Aethelstan o Glorioso, posterior). Mantivo para si a parte oeste de Wessex (Hampshire, Wiltshire, Dorset e Devon).

Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses -os cales ían converténdose, co paso do tempo, nunha forza moi poderosa-, logrando unha extraordinaria vitoria na batalla de Aclea (posiblemente Oakley, en Surrey); así mesmo derrota ao príncipe Cyngen ap Cadell de Gales canto trata de invadir Mercia -malia estar agora este reino desligado de Wessex, aínda recoñecía a súa supremacía como estado líder da Heptarquía.

Matrimonio e Descendencia[editar | editar a fonte]

Aethelwulf casou no ano 830 con Osburga, filla de Oslac de Hampshire, Gran Mordomo de Inglaterra, da cal tivo 6 fillos:

Cada un dos seus fillos varóns o sucederon no trono. Alfredo, o menor, é considerado como un dos máis grandes reis que reine en Bretaña. A única filla de Aethelwulf, Aethelswitha, casou co rei de Mercia sendo só unha nena.

Relixión[editar | editar a fonte]

A relixión sempre formou parte importante da súa vida. O primeiro ano do seu reinado planeou unha peregrinación a Roma. Debido ao incremento das incursións, sentiu a necesidade de apelar ao Deus dos cristiáns para que lle axudase contra un inimigo

tan áxil, numeroso e profano.[2]

En 853 Aethelwulf, enviou ao seu fillo Alfredo, un neno dun catro anos, a Roma. En 855, ao redor dun ano despois da morte da súa dona Osburga, Aethelwulf seguiu a Alfredo a Roma. En Roma, foi xeneroso coas súas riquezas. Distribuíu ouro ao clero de San Pedro e ofreceu os cálices do Bendito Pedro do máis puro ouro e candelabros de prata feitos polos saxóns[3]. No seu camiño de regreso a Wessex, detense en Francia, na corte do rei Carlos o Calvo, o cal lle outorga a man da súa filla maior, Judith (Judith Martel), de ao redor de 12 anos. O matrimonio celébrase na localidade de Verberie-sur-Oise, o 1 de outubro de 856.

Regreso a Inglaterra[editar | editar a fonte]

A súa ausencia foi aproveitada polo seu segundo fillo e herdeiro, Aethelbald, para apoderarse do reino na súa ausencia.

Polo que, ao seu retorno a Inglaterra en 856, Aethelwulf atopouse cunha aguda crise. O seu fillo maior Aethelbald (Aethelstan falecera) tramara unha conspiración co Maxistrado en Xefe do Distrito de Somerset e o Bispo de Sherborne para oporse á reasunción da rexencia de Aethelwulf. Había suficiente apoio a Aethelwulf tanto para iniciar unha guerra civil como para desterrar a Aethelbald e os seus conspiradores. No canto diso, Aethelwulf entregou Wessex ao seu fillo e aceptou para si Surrey, Sussex e Essex. Gobernou até a súa morte o 13 de xaneiro de 860.

Se a disputa familiar continuase, podería arruinar a Casa de Ecgberht. Aethelwulf e os seus conselleiros mereceron o aprecio que lles concederon pola súa moderación e tolerancia.

Que o Rei consentise tratar co seu rebelde fillo, para referirse ao compromiso dunha reunión dos nobres saxóns, para moderar a combatividade dos seus propios partidarios e para renunciar á rexencia sobre a parte máis importante dos seus dominios todo isto testemuña que o espírito cristián de Aethelwulf non se extinguiu na doazón de xenerosa caridade á Igrexa, senón que o dispuxo a reconcilialo ao sacrificio do prestixio e do poder pola causa da paz nacional [4].

A restitución de Aethelwulf incluíu unha concesión especial ás raíñas saxoas. Os saxóns occidentais non permitían que a raíña sentase xunto ao rei, de feito non se lles chamaba raíñas, senón simplemente a señora do rei. Esta restrición foi levantada para a Raíña Judith, probabelmente polo seu alto rango de princesa europea.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Morreu o 13 de xaneiro de 860, aos 54 anos de idade, sendo sepultado en Steyning e logo transferido á igrexa antiga de Winchester. Os seus ósos repousan nun dos cofres mortuarios da Catedral de Winchester.

Anel de Aethelwulf

O seu anel de ouro ten unha polgada de ancho e está ricamente decorado con símbolos relixiosos, nel está inscrito: Aethelwulf Rex e atopouse en Laverstock, Wiltshire, en 1780, crese que o rei o deu como agasallo a un partidario leal.

Fontes de Información[editar | editar a fonte]

A fonte de información máis notábel e usada é a Crónica Anglosaxoa. Esta fai referencia a algunhas batallas importantes nas que Aethelwulf tivo participación. O ano 840, loitou en Carhampton contra trinta e cinco frotas de daneses, cuxas incursións aumentaron enormemente. A súa vitoria máis destacada foi en 851 en "Acleah", Ockley ou Oakley en Surrey. Alí, el e o seu fillo Aethelbald loitaron contra os pagáns e, segundo a crónica, foi a "carnicería de pagáns máis grande que se fixo nunca." Preto do ano 853, Aethelwulf, e o seu xenro, Burgred, rei de Mercia derrotaron a Cyngen ap Cadell de Gales e fixeron que os galeses se sometesen a Aethelwulf. A crónica detalla máis batallas a través dos anos, maiormente contra os piratas invasores e os daneses. Era unha época da historia europea en que as nacións eran invadidas por distintos grupos: os sarracenos no sur, os maxiares no leste, os mouros no oeste e os viquingos no norte[5]. Antes da morte de Aethelwulf, varios invasores pasaron o inverno na Illa de Sheppey e realizaron pillaxes a vontade en Anglia Oriental. No transcurso do seguintes vinte anos, as loitas dos seus fillos foron "incesantes, heroicas e moi infrutuosas"[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Véxanse estes enderezos web
  2. 2,0 2,1 Humble, Richard. The Saxon Kings. London: Weidenfeld and Nicolson, 1980. 41.
  3. Hodgkin, RH. A History of the Anglo-Saxons. London: Oxford UP, 1935. 512.
  4. Hodgkin, RH. A History of the Anglo-Saxons. London: Oxford UP, 1935. 515.
  5. Great Britain to 1688: A Modern History.
  6. The Anglo-Saxons.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ashley, Maurice. Great Britain to 1688: A Modern History. Ann Arbor: The University of Michigan Press, 1961.
  • Garmonsway, GN. Translation of The Anglo-Saxon Chronicle. London: JM Dent & Sons, 1953.
  • Hindley, Geoffrey. The Anglo-Saxons. London: Robinson, 2006.
  • Hodgkin, RH. A History of the Anglo-Saxons. London: Oxford UP, 1935.
  • Humble, Richard. The Saxon Kings. London: Weidenfeld and Nicolson, 1980.