Oisc de Kent
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V |
| Morte | p. 512 |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Oiscingas (en) |
| Fillos | Octa de Kent |
| Pai | Hengest |
| Irmáns | Rowena |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Oisc (tamén coñecido como Oeric, Aesc ou Esc) foi rei de Kent entre c. 488 e c. 512-516.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Téñense poucos datos acerca de Oisc e a información que chegou até os nosos días é a miúdo vaga e pouco fiábel. Parece que era fillo ou neto de Hengest, quen liderou a invasión anglosaxoa de Gran Bretaña dos xutos en Kent. Oisc foi lembrado polas xeracións seguintes como o fundador do reino e da casa real, até o punto de que os seus descendentes se referiron a eles mesmos co nome de Oiscingas[1].