Hlothhere de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hlothhere de Kent
Nacementoséculo VIIxuliano
Falecemento6 de febreiro de 685
SoterradoAbadia de Santo Agostinho
Ocupaciónpolítico
PaiEorcenberht de Kent
NaiSeaxburh de Ely
IrmánsEcgberht I de Kent, Ermenilda de Ely e Eorcengota
Na rede
WikiTree: Of_Kent-20
editar datos en Wikidata ]
Cemiterio na Abadía de Santo Agostiño en Canterbury de catro reis de Kent. A tumba de Hlothhere é a segunda desde a esquerda.

Hlothhere (anglosaxón: Hloþhere), finado o 6 de febreiro de 685, foi un rei de Kent que gobernou desde 673 a 685[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sucedeu ao seu irmán Ecgberht I en 673. Tivo que entrar en conflito con Mercia, desde que en 676 o rei mercio Æthelred invadiu Kent e causou gran destrución; segundo Beda, nin mesmo as igrexas e os mosteiros foron perdoados, e Rochester foi arrasada.

O poder de Hlothhere sobreviviu esta arremetida, con todo. Parece que por un tempo reinou conxuntamente co seu sobriño Eadric, fillo de Ecgberht I, xa que se promulgou un código de leis aínda existente baixo ambos os seus nomes. En 685, Eadric foi ao exilio e liderou os saxóns do sur contra Hlothhere, quen foi derrotado e morreu das súas feridas.

A información anterior provén de Beda, mais Hlothhere é un rei de Kent do que sobreviviron documentos xenuínos. Un documento coñecido por unha copia do século XV, está datado exactamente a 1 de abril de 675 no primeiro ano do reinado de Hlothhere, o que non cadra coa data de acceso ao trono que lle atribúe Beda[2]. O documento de 679 sobrevive na súa forma orixinal[3]. Dous documentos posteriores atribuídos a Hlothere (S1648, S1648a), parecen ser copias alteradas de documentos de Swæfheard (S10) e Swæfberht (S11) (Kelly 1995)[4][5]. Un código legal, a Lei de Hlothhere e Eadric, é atribuído conxuntamente a el e ao seu sucesor Eadric.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a Encyclopaedia Britannica, s. u. Hlothhere.
  2. S7
  3. "S8". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  4. S10
  5. S11

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Hlothhere 1 en Prosopografía da Inglaterra anglosaxoa.