Oswald de Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOswald de Anglia Oriental

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IX Editar o valor em Wikidata
King of East Anglia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata

Oswald foi rei de Anglia Oriental na década de 870 tras a morte de Edmund o Mártir. Non se coñece evidencia textual ningunha do seu reinado, pero coñécense algunhas das súas moedas deste período.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A evidencia suxire que durante o período entre a morte de Edmund o Mártir e o regreso de Guthrum en 880, Oswald e Æthelred gobernaron os anglos orientais como reis clientes. É posíbel que a nobreza angla oriental fose case, pero non enteiramente, extinguida polos ataques viquingos que remataron coa morte de Edmund, e que nos anos nos que Oswald, Æthelred e Guthrum sucesivamente gobernaron o reino, houbo un período de oposición ou desafío contra o liderado danés[1]. Os viquingos gobernaron os anglos orientais desde o acceso de Oswald, até 920, cando Anglia Oriental foi incorporada ao reino de Inglaterra tras a derrota do daneses por Edward o Vello[2].

Moedas[editar | editar a fonte]

A existencia de Oswald só se coñece polas súas moedas[3].

Durante o período dos ataques viquingos en Anglia Oriental usáronse moedas e lingotes de prata e os viquingos continuaron a tradición anglosaxoa de producir peniques de prata, aínda que de maneira reducida. Coñécense oito moedas dos reinados de Æthelred e Oswald, mentres que se sabe que os moedeiros de Edmund, o predecesor de Oswald fixeron sobre duascentas [4].

Atopáronse unhas poucas moedas que portaban o nome de Oswald no Cuerdale Hoard. As moedas poden ser datadas desde o 870 ao 900, seguindo a morte de Edmund o Mártir. Unha das moedas, producido por un moedeiro cuxo nome empeza por Beor..., é do tipo de templo: outra ten unha alfa, un deseño común en Anglia Oriental[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pestell, Landscapes of Monastic Foundation, pp. 78-79.
  2. Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, pp. 83-84.
  3. Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 137.
  4. Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 149.
  5. Grierson and Blackburn, Mediaeval Coinage Vol. 1, p. 294.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blackburn, Mark; Grierson, Philip (1986). Mediaeval European Coinage: Volume 1 The Early Middle Ages (5th-10th Centuries). Cambridge: Cambridge University Press. 
  • Pestell, Tim (2004). Landscapes of Monastic Foundation: The Establishment of Religious Houses c.650-1200. Woodbridge: Boydell Press. ISBN 1 84383 062 0.