Saltar ao contido

Eadwald de Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEadwald de Anglia Oriental

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rei de Anglia Oriental
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAelfwald de Anglia Oriental Editar o valor en Wikidata

Eadwald de Anglia Oriental foi un escuro rei do pequeno reino anglosaxón de Anglia Oriental, desde ao redor de 796 ata 798.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu nunha época na que Anglia Oriental fora eclipsada polo seu máis poderoso veciño, Mercia: despois da súa deposición ou morte, o control Mercio foi restaurado baixo Coenwulf e os anglos orientais perderon a súa independencia por un cuarto de século.

O coñecemento do reinado de Eadwald vén case só das poucas moedas sobreviventes que se cuñaron co seu nome. Non se coñece detalle ningún sobre a súa vida nin o seu goberno como rei.

O reino de Anglia Oriental (anglosaxón: 'Ēast Engla Rīce') era un pequeno reino anglosaxón independente que comprendía o que son agora os condados ingleses de Norfolk e Suffolk e quizais a parte oriental dos Fens de Cambridgeshire[1].

Desde o século VI, Anglia Oriental foi gobernada por unha única familia real coñecida como os Wuffingas, que retivo o poder dinástico até o fin do reinado de Ælfwald en 749[2]. Após Ælfwald, os anglos do leste foron gobernados independentemente por unha serie de reis de liñaxe incógnita, até que en 794 o seu último rei independente, Æthelberht, foi decapitado en Mercia por orde de Offa de Mercia, quen entón gobernou o reino directamente. Anglia Oriental brevemente loitou polo independencia após 796, o ano que Offa foi sucedido polo seu fillo Ecgfrith. Ecgfrith morreu após un goberno de só cinco meses e foi sucedido por un familiar distante, Coenwulf[3].

Un mapa que mostra onde se descubriron as moedas cuñadas durante o reinado de Eadwald.

Practicamente nada se sabe da vida ou do reinado de Eadwald, así por exemplo nin tan sequera se coñece durante canto tempo foi rei[4]. Os anglos orientais parecían ter mantido a súa independencia por un curto período após a morte de Ecgfrith, con Eadwald como o seu rei, pero os anglos orientais foron entón reconquistados despois de Coenwulf converterse en rei de Mercia en 798, durante unha campaña na que Kent tamén foi devolto ao control mercio. Os eruditos suxeriron que Coenwulf pode terlle permitido a Eadwald gobernar Anglia Oriental.

Eadwald morreu, ou foi canto menos deposto, en 798. A Crónica anglosaxoa omite calquera mención dun rei de Anglia Oriental para este período.

Case todo o que se coñece sobre Eadwald vén das moedas que son inscritas co seu nome. Estas son moi raros hoxe: só se coñece a existencia de doce. No tempo no que Offa gobernou os anglos orientais, as súas moedas mercias cuñáronse en Anglia Oriental. Os moedeiros que traballaron para Eadwald adoptaron un estilo distintivo que incluía o uso de letras rúnicas, similar ás das moedas de Offa[5]. É probábel que Coenwulf tivese reestablecido o dominio mercio en Anglia Oriental sobre 805, cando as súas moedas propias substituíron as de Eadwald[6].

  1. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 67.
  2. Grierson and Blackburn, Mediaeval European Coinage, p. 283.
  3. Grierson and Blackburn, Mediaeval European Coinage, p. 281.
  4. Grierson and Blackburn, Mediaeval European Coinage, p. 281, p. 284.
  5. Kirby, Earliest English Kings, p. 179.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]