Horsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Horsa
Nacementoséculo V
Falecemento455
EtniaXutos
OcupaciónMercenario
PaiWihtgils
IrmánsHengest
editar datos en Wikidata ]
Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Horsa e ao seu irmán Hengest dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde.[1]

Horsa foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V), que conxuntamente co seu irmán Hengest protagonizaron a primeira colonización xermánica na illa de Gran Bretaña. Algúns historiadores citan a ambos os irmáns como saxóns, oriúndos de Xutlandia, que lideraron a anglos, saxóns e xutos na invasión e protagonizaron un asentamento no reino de Kent.[2][3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo a crónica anglosaxoa, Horsa morreu na batalla de Aylesford (455), combatendo xunto ao seu irmán contra Vortigern, rei dos britóns, quen en principio facilitara o seu asentamento a cambio de protexer o reino do ataque dos pictos, pero posteriormente a colonización converteuse en conquista[4].

Horsa foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.
  2. "Historia do Reino de Kent". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  3. "Historia do Reino de Kent (2)". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  4. Anglo-Saxon Chronicle Textos orixinais transcritos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]