Guillerme de Malmesbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillerme de Malmesbury
William.of.malmesbury.arp.jpg
Nacementoanos 1080xuliano
 Wiltshire
Falecementoanos 1140xuliano
 Malmesbury
NacionalidadeReino de Inglaterra e Reino Unido
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónhistoriador e escritor
Coñecido/a porGesta Regum Anglorum
editar datos en Wikidata ]
Vista da abadía de Malmesbury en Wiltshire, Inglaterra. A abadía terminouse en 1180.

Guillerme de Malmesbury, nado c. 1080/1095 e finado c. 1143, foi un historiador medieval inglés do século XII, que naceu cara a 1080/1095, en Wiltshire.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era normando e a súa nai inglesa. Pasou toda a súa vida en Inglaterra, traballando como monxe na abadía de Malmesbury.

Escribiu unha historia que está dividida en dúas partes: A Gesta regum anglorum (Feitos dos reis ingleses (449-1127)) escrita cara a 1120, e a Historia Novella (Nova historia (1128-1142)), escrita cara ao 1141. Esta segunda parte, relativa a feitos contemporáneos e a guerra civil entre Estevo I e a raíña Matilde, é bastante imparcial, a pesar de ser escrita baixo o auspicio directo de Robert de Gloucester, quen foi un participante directo nos acontecementos.

Tamén escribiu a Gesta pontificum anglorum (Feitos dos bispos ingleses) en 1125. Logo escribiu sobre materias teolóxicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]