Eormenred de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eormenred de Kent
Nacementoséculo VII
Falecementoséculo VII
NacionalidadeReino de Kent
EtniaXutos
Ocupaciónmonarca
PaiEadbald de Kent
NaiEmma da Austrásia
CónxuxeOslafa
FillosDomne Eafe, Æthelred of Kent e Æthelbert
IrmánsEorcenberht de Kent e Eanswith
editar datos en Wikidata ]

Eormenred foi un membro da familia real do reino de Kent, que é descrito como rei nalgúns textos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non hai evidencias contemporáneas para a existencia de Eormenred, pero é mencionado en haxiografías de tempo posterior e a súa existencia é considerada como probábel por algúns estudosos[1].

Na lenda real de Kent, Eormenred é descrito como fillo de Eadbald, rei de Kent entre 616 e 640, e a súa segunda esposa Emma, que pode ser unha princesa franca. "Eormenred" é un nome de orixe franca, así como o de seu irmán, Earcomberht. Antes da morte de seu pai, Eormenred casou con Oslava e tivo polo menos catro fillos, posibelmente cinco: Aethelberht, Aethelred, e dúas fillas, Eafa e Eormengida. Eormenburga pode ser outra filla ou un sinónimo para Eafa[2].

Tras a morte de seu pai, Earcomberht ascendeu ao trono. A descrición de Eormenred como rei pode indicar que gobernou ao lado de seu irmán ou, alternativamente, que tivo unha posición inferior e mantivo o título de "rei". Morreu antes de seu irmán e deixaría seus dous fillos so os coidados de Earcomberht. Non obstante, tras a morte de Earcomberht, o seu fillo e sucesor, Ecgberht arranxou a morte de seus primos, potenciais pretendentes ao trono, que máis tarde foron considerados santos. Eafa non foi asasinada e, máis tarde, foille concedida unha posesión de terra en Thanet por Ecgberht para construír un mosteiro, como penitencia polo asasinato de seus irmáns. Esta terra pertencería a Eormenred.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. S. E. Kelly, "Eorcenberht", Oxford Dictionary of National Biography
  2. Mary Dockray-Miller, Motherhood and mothering in Anglo-Saxon England, p.19

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]